2008/04/14

¡ CAMPIONA !


Na primeira tarde de billarda disputada fai xa mais de seis anos, e sin siquera existir compitición regular de billarda, un grupo de amigos xuntábanse para xogar unhas partidas de billarda. Alí no medio estaba Ana, a cal xunto con Tareixa foron as primeiras donas en practicalo deporte da billarda LNB.
Unha veterana que non se rindiu mentras que vía como a outra Ana de Lourenzá se levaba o título dous anos consecutivos mestras que ela se tiña que conformar coa segunda praza a moi pouca distancia da súa rival. Este ano non o escomenzou de todo o ben que ela pretendía, pero a súa destreza no xogo levouna a liderar o seu grupo entre o sector feminino e chegar a disputala final contra Mónica das Fanecas Bravas. A súa maior veteranía foi clave para alzarse no título nunha final moi reñida que levou as dúas palanadoras a carreira de desempate.
Noraboa Ana.