Un nome mais temos dende a tarde do sábado para introducir na historia tan esfervescente da Liga Nacional de Billarda. Ginés dos Remourelle Bulls é dende a tarde do sábado o novo campión da Conferencia Norleste da tempada 07/08. Nunha tarde gloriosa, onde só tímidamente Juán Pico e mais Zidane eran capaces de poñer en algún apuro a este palanador, erixíase no novo "winner" despois dunha final que tal parecía unha verdadeira revancha polo título de franquicias, onde Hugo, o outro gran triunfador da tarde caía con grande coraxe na final da Conferecia. O de Hugo tamén resultaba épico, despois de chegar a súa terceira final consecutiva da tempada, nas cales a pesar de salir cunha derrota de todas elas, demostrou que é un dos xogadores que mais promete ó tratarse dun palanador que debutaba este ano.
O xogo amosado polo campión o longo de toda a tempada como comentábamos en anteriores artículos publicados neste blog, convírteno no máximo representante da Conferencia Norleste para alzarse co título na final do campionato galego de billarda. Ginés demostrou en todo momento que é un gañador nato e un camiño cheo de frores de toxo agardano hasta compostela, onde todos esperamos que tanto él como o resto de palandores do norleste clasificados para esa final, fagan tremer as campanas da catedral, e porque non espantar o mismísimo cabalo do apostol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario