2009/04/11

Aberto Cidade de Lugo



Mentras agardamos a última xornada da liga regular da que sairán os campións da conferencia Norleste, e para ir facendo boca, o vindeiro 19 xogarase o Aberto de Billarda Cidade de Lugo ( "Torneo do Lacón-Memorial Enriqueta Otero").
E convinte irse apuntando canto antes para telo todo previsto. O Bus sairá de Ribadeo as 14,30 h. (dúas e media) e como sempre irá recollendo a xente.
Xogarase na pista de futbol sala de Frigsa a partires das 16,30h. (catro e media) e o Campión levará o lacón que se ia xogar na Pastoriza. Haberá tamén concurso de varados ou triplas, e o gañador será agasallado pola asociación Media-Leva de Lugo.

No hay comentarios: