Manda truco! Vaia sorpresa nos deu o tempo!
O sábado chovendo a chuzos. Pingando croios como quen dí e o domingo un sol de carallo. Ben seguro que o Lourenzo tivo novas do Aberto Ciudade de Lugo, e quixo sumarse a festa billardeira ca súa sempre grata e desexada presenza.
Un novo éxito da tribu LNB no que, a deportividade e o poder de convocatoria fixeronnos pasar unha leda xornada.
Nas pasadas finais nacionais de Conxo, xa amosara os dentes caendo nunha moi reñida final contra Ana e ahora sacouse a espiña proclamándose brilantemente Campiona e gañadora do Lacón do "Memorial Henriqueta Otero". Non o tivo fácil pero, sorpresa, sorpresa... foi guindando da pista a tódolos seus rivais ata chegar a final. Faltaba a guinda do pastel e puxoa dobregando, sin dar sinales de súbida a un, ata enton acertádisimo Julio, que non foi quen de superar o empuxe e precisión dos golpexos da finalmente Campiona do torneo, GENY, palanadora de "Os Outros" e caeu por dúas carreiras a cero.
As mulleres estan empeñadas en seren iguais os homes e abofé que o conseguen. Un duro golpe para o machismo predominante, pero a cada quen o seu, e hoxe Geny consolidou o seu posto entre a élite billardeira e confirma a súa candidatura a final nacional do vindeiro mes de maio.
Salve Campiona!! E que sigan os trunfos!
Salve Campiona!! E que sigan os trunfos!
Non foi nembargantes sorpresa o triunfador nos varados. Aquí cumprironse as previsión e foi un dos favoritos, David dos "Piratas da Billarda", o que finalmente escalou o podio. Todo un clásico dos torneos e da liga regular con numerosos trunfos no peto e co que sempre se ten que contar. Parabéns e toca xa pensar na derradeira xornada da liga regular. O proximo domingo en Ferreira outra loita titánica para queimar as últimas oportunidades de clasificación. Sorte a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario