2009/04/30

PLAY-OFF FINAL CLASIFICACION PARA CONXO


Xa temos os “Remourelle Bulls” como equipo representante da Conferencia Norleste nas finais de Santiago (pistas deportivas de Conxo). Asimesmo están xa os clasificados para loitar polos varados. Recordamos que son Markytos, Andrés, Ginés R. e mais Hugo.
A vindeira cita da Conferencia Norleste si o tempo o permite, será en Ove, o sábado 23 de maio contra as sete do serán, donde se xogarán os play-off de clasificación que dan dereito a disputar a final nacional absoluta para os titulos individuais.
Os emparellamentos para os play-off están xa feitos e prometen emoción e loita sin cuatel. O nivel de xogo e moi alto e calquera resultado pode darse. Non existen favoritos, todos van a loitar tanto pola clasificación como por acadar o título de Campión do NorLeste. Sorte a todos.
Velaí como se fixeron os emparellamentos:
1º da serie A - 8º da serie B
2º da serie A - 7º da serie B
3º da serie A - 6º da serie B
4º da serie A - 5º da serie B
5º da serie A - 4º da serie B
6º da serie A - 3º da serie B
7º da serie A - 2º da serie B
8º da serie A - 1º da serie B
Do mismo xeito os emparellamentos de donas fican como segue:
1ºA-4ºB DEMELSA-MONICA
2ºA-3ºB GENY-PALOMA
3ºA-2ºB GLORIA-CARMIÑA
4º-A1ºB ANA-LOLA
Ao remate haberá cea fin de festa na Taberna de Lola, con entrega de premios e trofeos os gañadores de cada categoría. Pregamos confirmedes o antes posible a xente que vai ir a cea para engadir ou non un caziño de auga a sopa e que abonde para todos. Graciñas

No hay comentarios: