Andrés, primeiro na serie A e subcampión de varados, ven de facer unha tempada moi regular, sin grandes altibaixos, aportou un bon feixe de puntos o equipo e de certo que moitos o ven craro favorito a pasar rolda. Pero moito ollo, que enfronte está Lola, unha novel palanadora que se converteu nunha das revelacións da tempada e paseniño foi subindo ata asentarse nos primeiros postos da taboa, deixando na cuneta a palanadores tan experimentados e potentes como Calvete, Zidane, Marcos ou Xulio.
Segundo cruce DEMELSA-EDELMIRO
Iste ano as mulleres estan a repartir caña sin parar, Demelsa empezou froxa a tempada pero logo asentouse de tal xeito que rematou segunda na súa serie a so dous puntos de Andrés. Os golpexos explosivos e imprevisible desta palanadora han de lle poñer as cousa difíciles o xogo pausado de Edelmiro, xogador tranquilo donde os haxa que tivo un baixón a media tempada, recuperou axiña nembargantes e cos seus golpexos suaves e seguros, machaconamente encamiña a billarda ata dentro do varal.
Terceiro cruce XERMAN-GINES R.
O mesmo Xermán ten falado da matematica precisión alemana do seu rival, polo que nonas ha de ter todas consigo. Certamente Ginés R. e un palanador moi experimentado, actual campión individual do Norleste e finalista nacional en Conxo o derradeiro ano. Nembargantes na última xornada regular mostrounos que tamén é humano e sofre a presión como calquera outro, polo que a eliminatoria non está resolta. Xermán é un dos que sempre están ahí, buque insignia e gran abandeirado da billarda, non destaca por facer varados, iso é certo, pero en dous golpes telo no varal, e nono das quitado de enriba, a mínima oportunidade lévache a carreira.
Cuarto cruce MARKYTOS-DAVID
Loita de titans. Eiquí temos unha das eliminatorias mais quentes, denantes do comezo xa saltan chispas. Estamos a falar de dous serios candidatos o título absoluto. Mágoa que un deles forzosamente ha quedar fora. Markytos é o vixente campión nacional, e amo dos varados do Norleste por segundo ano consecutivo, ainda perdendo algúnha carreira imprevista, tivo unha tempada moi regular. Pola súa Banda de David pouco se pode decir que non se saiba: contundente, preciso e regular, foi o primeiro Campión Absoluto da LNB e sigue estando na élite, serio candidato en toda competición na que participe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario