Comenzamos polas elimintarias femininas. Xogouse o pase as finais de Conxo, xa que "Lola era A Raiña das Donas 2008/09" . O non se presentar Ana quedou clasificada Lola. Nas demas eliminatorias nada se decidiu ata case a última carreira, soamentes Geny o tivo algo mais doado (gañoulle a Paloma por 3 a 0, ainda que esta tamén amosou un bó xogo), non fallou un soo golpe. Está nun momento de forma increible, de seguir así e unha moi seria candidata o título. Gloria nono tivo tan doado con Carmiña a que finalmente gañou por 3 a 2 e Demelsa tamén pasou o seo con Mónica para acabar gañando por 2 a 1 (con duos empates).
Coas donas xa clasificadas deron comezo as elinminatorias masculinas. Todas elas, carreiras das que fan afición. Unha verdadeira delicia "bocato di Cardinale". Os xiareiros disfrutaron a tope e animaron os seus sin desmaio. A medida que se iba xogando, foi aumentando o nivel e a paixón. Tódolos emparellamentos eran dificiles e impredicibles, calquera podía chimpar o outro fora, así pasaron a primeira rolda e quedaron clasificados para as finais de Conxo: Andrés, Edelmiro, Ginés R., Markytos, Daniel, Martinho, Hugo e Franco.
Seguiron sucedendose as eliminatorias e cada vez iba en aumento tanto o nivel de xogo como a incertidume i en algún momento os nervos tiveron tamén o seo protagonismo. Os varados de Hugo e Markitos, os fortes golpexos de Andrés e Martinho, a seguridade de Edelmiro e Daniel, e clase de Ginés R. e de Franco poñían a emoción e arrincaban os aplausos dos xiareiros. En xogo estaba ser o campión absoluto da LNB da confernecia NorLeste e ninguén llo iba poñer facil o contrincante. Todos tiñamos claro que iba gañar quen menos erros cometera. Finalmente e nun auténtico frenesí billardeiro, foi MARKYTOS quen se fixo dono do título ao vencer na final o seu compañeiro de equipo HUGO. Deste xeito MARKYTOS consigue o doblete, sumando ó título de Campión de Varados o de Campión absoluto.
Noraboa a tódolos palanadores/as por tan grande éxito, tardes como ista son as que van facer que a billarda acade o sitio que lle corresponde dentro do deporte galego e nacional. Parabéns os clasificados para Conxo cos desexos e a certeza de que van a competir ao mais alto nivel e parabéns especialmente os campións da Confernecia NorLeste da LNB: Lola, Markytos e Remourelle Bulls.
O agradecemento os Excmos. Concellos de Ribadeo (particularmente na persoa de Vicente Castro, concelleiro de Deportes) e de Barreiros por nos ter en conta, o IES Porta d'Auga a Taberna de Lola e a tódolos que dalgún xeito non seguen e apoian.
Cabe destacar o bo ambiente e camaradería dos distintos equipos que si bén nos terreos de xogo somos todos rivais, logo fora da cancha queremonos como irmáns, e para mostra o bico de Ginés R. e Chema na cea que disfrutamos na "Taberna de Lola" en Remourelle (afecto verdadeiro ou tería algo que ver o viño...?)
No hay comentarios:
Publicar un comentario