2009/06/02

Geny, Rubén e os Paquete Pincha



Baixo un sol de xusticia, saltaron para abrir fogo na area de Conxo as mellores palanadoras de cada conferencia. Dez mulleres dispostas a loitar polo obxetivo común de acadar o trunfo, mais sóo unha delas iba chegar o cumio. Logo da primeira rolda na que caeron cinco, fixeronse duas semifinais, unha das cales tivo que ser a tres e da ahí saíron Fátima do "Columbio" (Conferencia Sur) e Geny de "Os Outros" (Conferencia NorLeste), que se enfrentaron nunha moi reñida final que caeu do lado da palanadora do Norleste. Comenzaba ben a xornada, O Norleste conseguía reter xá un dos títulos que posuía, tocaba ir polos outros e comenzou o dolo de equipos.
Non houbo nada que facer. O poderio do Sur impuxo a súa lei e conqueriu os títulos nacionais na categoría masculina. Dos Paquete Pincha, decir que nos abrallaron pola calidade que amosaron todos e cada un dos seus compoñentes. Chupi, Elvis e Amil fixeron pleno e o resto rallou a gran altura amosando unha moi boa técnica. Tanto os Bull como os Furabolos, non tiveron o seu día e ollaban de lonxe como carreira a carreira se alonxaba o campionato. Os da Conferencia Sur, chegaron a Conxo ca teima de se vengar pola perda do Xerro e abofé que o conseguiron. Non fixo falta xogar a derradeira ronda para proclamarense campións e xa que todo estaba resolto, para fuxir un pouco da queima (do abrallante sol), suspendeuse o enfrontamento. Os Remourelle Bulls e mais os Furabolos ficaron en segundo posto.
Para templar gaitas, o xantar, abondante e con fundamento, na sobremesa non faltaron as cantigas acompañadas polas gaitas, tambores e pandeiretas ca dirección dun bombeiro espontaneo que soubo levar ben o ritmo.
A tardiña sin trégula nin do sol nin dos palanadores, comenzou o concurso de Varados. Doce palanadores e dez intentos cada un deles. Fíxose a tres cuartos de pista polo esixente da mesma e ainda así soio tres palanadores foron quen de chegar a varal, Fuco, Rubén e Markytos por iste orden foron os que o lograron, mais Rubén furou novamente o Varal con un tiro espectacular e fíxose dono do trofeo.
Finalmente disputouse o título absoluto, que resultou do mais interesante e loitado de poder a poder, distintos xeitos de colocar a billarda, varias formas de golpexo, pero en cada palanador unha calidade contrastada que podería levalo a final. Foron caendo xogadores uns tras outros, chegando ata a derradeira rolda tres delos, Hugo e Markytos polo Norleste e Rubén polo Sur. O actual campión Markytos, tiña pois a posibilidade de reter o título, tendo en Hugo outra baza importante que xogaba a favor do Norleste. Nembargantes toda posibilidade esvaeceu cando Rubén, inflexible, calculador e metódico, facendo oidos xordos os beliscos dos cachondos mentais que faccían as veces de comentaristas (que coño faría en Chantada?...), poñia a billarda unha e outra vez no varal diante dos seus rivais. Houbo soio un anco de esperanza cando Markytos se achegou na puntuación, pero non foi dabondo e finalmente Rubén, hoxe intratable, acadou con todo merecemento o segundo título da xornada "Campión Nacional Absoluto 2008/2009". Noraboa os Campións, teñen por diante todo un ano para disfrutar e que sigan xogando así de bén para ledicia de todos nos. De tódolos xeitos, pro ano iremos novamente a por todas ainda que teñamos que entrenar na plaia en inverno. Vémonos nos Parroquiais

No hay comentarios: