Incertidume i expectación. Por un lado o arroutado Bixi, capaz das maiores fazañas e tamén dos erros mais infantís. Palanador impulsivo, pon en cada golpexo todo o corazón e toda a forza, polo que de estar acertado sera un duro rival. Daniel e mais comedido, alterna xornadas de moi bo xogo con outras mais febles, unha de cal e outra de area, que poderíamos dicir.
Sexto enfrontamente SUSO-MARTINHOGañe quen gañe, os Bulls xa teñen un finalista. Eiquí a veteranía de Suso, palanador experimentado, tranquilo e malabarista, que mais que golpexar empurra lixeiramente a billarda e faila arrolar, enfrontase a outra das revelacións. Un novel de altos voos que tivo moito que ver na victoria final dos touros, Martinho loitará por méritos propios por un posto na final e non ha ser rival doado para o seu compañeiro de equipa.
Séptimo enfrontamento JUAN PICO-HUGO
Outro mais que interesante enfrontamento. Juan Pico, puro incluido, pon a coor e o calor nos seráns billardeiros. Por riba de bo xogador e temido contrincante, e tamén agudo cronista e fábrica de ocurrentes pareados. "Para darlle o garabullo, primeiro hai que enchelo bandullo". Está pendente dunha pequena reglaxe no xeonllo, que podería por en dúbida a súa participación (disque xa lle fixeron a reglaxe, do que nos alegramos pero, dará recuperado a tempo?...). Hugo quedou empatado a puntos con Eric no primeiro posto da serie B, o que di abondo das súas facultades. Finalista en varios torneos e apodado o Ronaldo da Billarda, ten peró unha espiña cravada: Non foi quen ata agora de gañar unha final. Quen sabe si por fin e chegada a súa hora.
Oitavo enfrontamento FRANCO-ERIC
Madurez i experencia Vs. xuventude i osadía. O italo-galego Franco, consolidou iste ano o xogo con que nos abrallou a tempada pasada cando foi campión do seu grupo, entrou nos play-off e tentará poñer a guinda a tempada loitando polo título. Enfronte terá a Eric, o mais xoven palanador (xunto con Andrés dos Billardeiros), campión da serie B, promesa xa consagrada. Dos poucos que poderían decir aquilo de "Vini, Vidi, Vinci"... e para corroboralo ahí o tedes campión do Xerro do Salnés derrotando precisamente a Franco na final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario