2009/09/29

HUGO, Campion da 1ª Xornada















Chegou o día, e por fin as billardas voltaron a fender o ar. En Villamartín Pequeño deu comezo a tempada regular da Conferencia NorLeste da LNB.
Cunha participación de medio cento de palanadores, que superaron amplamente tódalas previsións, disfrutouse unha espléndida tarde billardeira regada o final cas tortillas e os torrezmos cos que José tivo a ben agasallar os presentes.
Botamos en menos a compañeiros de anos anteriores, que por diversas causas non estiveron no estreo da tempada, pero mantemos a esperanza de que a non moito tardar os teremos de novo con nos. Mención especial para "CALVETE" o que desexamos unha pronta recuperación, e damos a benvida aos novos valores que se xunguiron a serpe multicolor amosando boas maneiras; veñen pisando forte, destacando sobranceiramente Martín (Billardeiros Musicais), Jose e Guille (Os Outros), Xan e Borxa (Madia Leva). Borxa foi a revelación da xornada colandose con todo merecemento nunha final a catro e facendo que os veteranos Geny, Hugo e Markytos, tiveran que emplearse a fondo para doblegalo. Houbo un empate na puntuación final entre Hugo e Markytos (ámbolos dous dos “Billardeiros Musicais”) polo que o gañador do premio do “Requeixo” tivo que se decidir nunha carreira de desempate na que Hugo estivo mais atinado.
Tarde propicia tamén para os “VARADOS”, conseguironse un total de seis e ó vixente Campión do Norleste “Markytos” deu mostras de ir de novo polo título. Fixo tres na tarde, máis da metade dos que lle deron o título o pasado ano, o que da mostra da preparación dos palanadores que cada vez se toman mais en serio este noso deporte nacional.
Así queda a clasificación.
CLASIFICACION INDIVIDUAL
HUGO...B. MUSICAIS...6
GENI...OS OUTROS...4
MARKITOS...B. MUSICAIS...4
BORXA...MADIA LEVA...4
ANDRES R....REMOURELLE BULLS...3
ANDRES A....B.MUSICAIS...3
DANIEL...B. MUSICAIS...3
XAN...MADIA LEVA...3
EMILIO...REMOURELLE BULLS...2
GINES R....REMOURELLE BULLS...2
JOSE...OS OUTROS...2
JULIO...OS BITERE...2
XOSINHO...EKIPA SAFARI...2
MARTIN...B. MUSICAIS...2
ARTURO...XOVE...2
VICENTE................2
SUSO...REMOURELLE BULLS...1
MARTINHO...REMOURELLE BULLS...1
MARCOS...REMOURELLE BULLS...1
LUCIA...REMOURELLE BULLS...1
BRUNO...OS BITERE...1
REYES...OS OUTROS...1
ERIC...OS OUTROS...1
LOLA...OS OUTROS...1
PALOMA...OS OUTROS...1
GUILLE ...OS OUTROS...1
MANUEL...OS OUTROS...1
BIXI...OS BITERE...1
CARMIÑA...OS BITERE...1
TOÑO...EKIPA SAFARI...1
FRANCO...B. MUSICAIS...1
GLORIA...B. MUSICAIS...1
JOSE MANUEL...OS BITERE...1
MOISES...XOVE...1
SALGUEIRO.................1
MARITE...OS BITERE...1
XOSEMANUEL...MADIA LEVA...1
PATRICA...MADIA LEVA...1
TXOMIN...MADIA LEVA...1
ANTON..........................1


CLASIFICACION EQUIPOS
BILLARDEIROS MUSICAIS...16
MADIA LEVA...9
REMOURELLE BULLS...8
OS OUTROS...8
OS BITERE...5
XOVE...3
EKIPA SAFARI...3


CLASIFICCION DE VARADOS
MARKYTOS... (Billardeiros M.) ....3
ANDRES R.... (R.Bullls) ....1
DANIEL... (Billardeiros M.) ....1
HUGO... (Billardeiros M.) ....1

No hay comentarios: