2009/08/11

A LNB das Estrelas

Cada intre, a medida que esbarece o verán, achegase mais o tan desexado comezo da tempada regular da LNB. O vindeiro 6 de setembro abriremolo fogo no IES Gamallo Fierros co III Trofeo Festas Patronais de Ribadeo. Os Billardeiros Musicais+Os Outros, agardan vinganse da derrota do pasado ano e auparse co trofeo, mais nono han ter doado. A selección resto do mundo esta famenta de carreiras e conta ca incorporación de novos e destacados palanadores que xurden aquí e acolá e piden paso a golpe de palán.
Algúns de nos andibemos de rúada, loitando polos distintos Abertos: Pitu de Caleya, en Pillarnu (Avilés) Fouciño de Ouro, no Pino (Santiago de Compostela) Urogalo, en San román de Cervantes (Ancares), que se viñeron celebrando e poidemos comprobar que o nivel de xogo sube en picado en tódolos frontes. Por riba contamos iste ano con unha nova Conferencia que como poidestedes leer no VARAL, quedou oficialmente constituida o pasado venres día 8 de agosto. A conferencia Centro! E van catro...
Paseniño, paseniño, vamos medrando. Estamos inmersos nun furacán sin retorno que irremediablemente nos ten que levar o recoñecemento oficial do noso deporte patrio.
A SUPERLIGA DAS ESTRELAS DA LNB ESTA EN MARCHA!!!
Xa temos un calendario, provisional, que a falta de algún axuste, ten tódalas trazas de ser o oficial e definitivo, velaí está:
L.N.B. 2009/10
CONFERENCIA NORLESTE

- 6 de setembro: III Trofeo Festas de Ribadeo: Billardeiros e Os Outros contra o resto do mundo.
- 27 de setembro: 1ª Xornada LNB: Aberto de San Xoan Degolado en Vilamartin Pequeño.
- 11 de outubro: 2ª Xornada LNB: Aberto da Faba de Lourenza en San Xurxo
- 18 de outubro: 3ª Xornada LNB: Aberto do Magosto en Obe
- 8 de novembro: Copa Cantabrica: Galiza - Asturias ?¿?
- 22 de novembro: 4ª Xornada LNB: Aberto do Chicharo en Foz
- 13 de decembro: 5ª Xornada LNB: Aberto da Tripa Salada en San Xusto
- 20 de decembro: 6ª Xornada LNB: Torneo do Galo en Cubelas
- 17 de xaneiro: 7ª Xornada LNB: Aberto do Rodaballo (ou do Polbo) en Xove
- 7 de febreiro: 8ª Xornada LNB: Torneo do Lacón en Meira
- 7 de marzo: All Star (nun principio no Pino)
- 14 de marzo: 9ª Xornada LNB: Aberto do Percebe da Pena do Altar na pista da Anguiera (Barreiros)
- 11 de abril: Torneo Cidade de Lugo
- 25 de abril: Xerro do Salnés?¿?
- 9 de maio: 10ª Xornada LNB: Aberto do coello de Suso en Remourelle
- 30 de maio: Finais en Conxo

As datas dos torneos cidade de Lugo, Xerro do Salnés e mais o All Stars poden variar. Si os de Lugo (Madia Leva) fan equipo e se integran no LorLeste, o trofeo Cidade de Lugo farase como unha xornada mais, puntuable.
Seguiremos informando, ide xa cerrando os equipos para cando toque inscribilos e lembrade que se vai xogar o sistema de abertos. Poderá xogar todo o que queira, ou integrado nun equipo ou por libre. Abur

No hay comentarios: