2010/01/23

A Raiña das nabizas



Onte venres 22, celebrouse na alameda de Santiago o 1º Aberto do Agro de Billarda. Malia ser xornada de garabullos e da choiva que non deu trégola, foron achegandose a carpa que ainda estaba a medio terminar, representantes das distintas conferencias da LNB e tamén dos xogos tradicionais.
Con bastante retraso, deu comezo un torneo pasado por auga que houbo de finalizar dun xeito non usual. Como a choiva iba increscendo i a noite se botaba enriba, decidiudse xogar unha final a oito e a unha sola carreira. Os da conferencia NorLeste, o chegaren dende "a terra do nabo", non deixaron pasar a ocasión de facerse co trofeo. Era lóxico que así fose o consistir o premio nun "MANOXO DE NABIZAS", e ainda que Xosé Miguel, Geni, Arturo, Xan Rodiño ou Daniel o tentaron, tiveron que renderse ante a superioridade de REYES. A palanadora de "Os Outros" tivo una tarde maxistral e foi con todo merecemento proclamada "RAIÑA DAS NABIZAS".
As Marías de Santiago (Maruxa e Corelia) deron fe do momento da coroación.
Moito ollo con Reyes que ameaza con levalo lacón de Meira do vindeiro 7 de Febreiro, para darlle algo de sustancia as nabizas.

No hay comentarios: