2010/02/07

8ª Xornada da LNB "O lacón de Meira"

Ao pé da Igrexa Santa María de Meira, que preside a praza do convento dende o século XII (foi fundada contra o ano 1143), celebrouse o "Aberto do Lacón de Meira" de billarda.
Ao mais puro estilo dun torneo mediaeval, os loitadores trocaron espadas e lanzas por paláns e billardas e loitaron a brazo partido pola pata do porco que estaba en xogo.
Dúas pistas simultaneas, record de participantes e gran concurrencia de xiareiros nunha xornada en que a choiva fixo un alto e trocouse en fermoso sol.
Gran xornada para os Billardeiros Musicais, que se consolidan como lideres indiscutibles aumentando a ventaxe que xa tiñan e que tamén levaron o premio individual. Desta volta foi Daniel quen se fixo co lacón e repite no podio logo de pesca-lo polbo en Xove.
Destacar a boa forma dos novatos, que se están a consolidar. Antonio deu conta dun dos favoritos e desfíxose de Markytos con dous soberbios VARADOS i outros como Hugo, Eric, Marcos, Xermán, Geni, xa non pasaron da primeira rolda.
Por primeira vez xogouse unha final a catro na que se colou un primieirizo, Chiclemen acompañado de tres veterans, Franco, o plalanador italo-galego que parece reencontrase coa boa forma que tanta sona lle dera i outros dos xa habituais nas últimas roldas dos abertos, Ginés e Daniel.
A Chiclemen e Franco poidolles a presión e se descolgaron deixando a loita para Ginés e Daniel que rematoron empatados tralas dúas primiras carreiras. Estaba claro, non gaña quen acerte, senon que perde o que erre. Meu dito e meu fito, Ginés erra o segundo golpexo mandando a billarda a bicala Bandeira que ondeaba na ventá do Concello e Daniel aproveita i emboca a billarda no varal.
Un novo éxito de tódolos billardeiros i especial mención a asociación "M de Meira" que puxo todo da súa parte para que esta tarde resultase tan agradable. Noraboa tamén a Manu que acertou a quinibillarda. Billarda sempre adiante co Varal!
Clasificacións logo da 8ª xornada
Xeral Indibidual
Daniel ... B.Musicais ... 29
Ginés ... R.Bulls ... 23
Markytos ... B.Musicais ... 21
Hugo ... B.Musicais ... 19
Eric ... Os Outros ... 19
Geny ... Os Outros ... 18
Guille ... Os Outros ... 17
Moisés ... Xove ... 17
Jose ... Os Outros ... 16
Bixi ... Bitere ... 15
Xermán ... Ekipa ... 15
Andrés A. .. B.Musicais ... 14
Martín ... B.Musicias ... 14
Salgueiro ... Xove ... 14
Franco ... B.Musicais ... 12
Reyes ... Os Outros ... 12
Borxa ... Madia Leva ... 11
Suso ... R.Bulls ... 11
Marcos ... R.Bulls ... 10
Martinho ... R.Bulls ... 10
Andres ... R.Bulls ... 9
Emilio ... R.Bulls ... 9
Arturo ... Xove ... 9
Lola ... Os Outros ... 9
Antonio ... libre ... 9
Isa ... Os Outros ... 8
Toño ... Ekipa ... 8
Xosinho ... Ekipa ... 8
Carmiña ... Bitere ... 7
Flores ... Xove ... 7
J.Manuel ... libre ... 7
Cristian ... Xove ... 6
Manu ... Os outros ... 6
Beto ... libre ... 5
Chiclemen ... libre ... 4
Edmilson ... libre ... 4
Lucia ... R.Bulls ... 4
Xan ... Madia Leva ... 4
Gloria ... B.Musicais ... 3
Alex ... libre ... 3
Luci ... libre ... 3
Vicente ... libre ... 3
Anxela ... Madia Leva ... 2
Patricia ... Madia Leva ... 2
Paloma ... Os Outros ... 2
Alvaro ... libre ... 2
Manuel ... libre ... 2
Outros 27 con 1 punto

Xeral equipos
BILLARDEIROS MUSICAIS ... 96
OS OUTROS ........................... 76
REMOURELLE BULLS ........... 62
XOVE ..................................... 47
EKIPA SAFARI ...................... 35
OS BITERE ............................ 27
MADIA LEVA ......................... 21

VARADOS
DANIEL ........................ 8
ERIC .............................. 8
GINES ........................... 8
MOISES ........................ 8
MARKYTOS ................. 6
ANTONIO .................... 4
HUGO ........................... 3
EMILIO ........................ 3
ANDRES A. .................. 2
GENY ............................ 2
JOSE ............................. 2
ANDRES, FRANCO,
GUILLE, MARTIN,
PEPE, REYES, SUSO
e XERMAN .................. 1

No hay comentarios: