2010/03/15

Mondoñedo ríndese a samba

Ainda que a xornada estivo animada polo grupo Aires do Padornelo, que espallaban brincadeiros aires populares de xotas e muiñeiras, desta volta houbo que se rendir a samba brasileira.  A fichaxe  que a última hora  fixo o equipo de "Os Outros" confímouse en Mondoñedo como nova estrela da LNB. Ilson Guilhermer da Silva (GUILLE), xa viña avisando dende fai tempo que iba para estrela pasando roldas ante potentes rivais, mesmo lle disputou a final do Botelo a Bixi en San Miguel e onte na alameda dos Remedios gañou con todo merecemento e aúpase o terceiro posto da clasificación xeral. 
   Non o tivo facil, tivo que xogar o desempate con Ginés nas preliminares, desfixose de Daniel tamen noutro desempate e logo deixou fora a Andrés R. e  Martinho para xogar unha final inédita ante Oscar de Xove. Noraboa e Benvida a un novo Campión, que moi  emocionado adicou o trunfo a súa filla Ani.
 O non haber ningun acertante da quinibillarda, a botella de viño destinada o premio xogouse nunha serie de triplas no campo de terra. Doce billardas e un minuto de tempo para levalas o varal. O mais certeiro foi Daniel que acadou sete dianas.
Vexamos como quedan as clasificacións:
E seguen outros 27 palanadores mais con 1 punto, que non son habituais, pero que xogaron nalgún aberto.



No hay comentarios: