Como todos sabedes, o vindeiro domingo día 14 de marzo xogaremos en Mondoñedo. A Alameda dos Remedios é un extraordinario esceario para xogar a billarda. As clasificacións están moi apertadas e dado que iste ano van ser 12 os palanadores individuais que disputen os nacionais de Conxo, non dudamos que as carreiras van a ser moi competidas i emocionantes. O mesmo en varados, donde, ainda que catro palanadores se destacan, teñen moi perto os seus perseguidores e con moitas posibilidades de alcanzalos (os finalistas de Conxo van a ser os cinco millores).
Loita sin cuartel a que se agarda para estas últimas xornadas.
Temos que suliñar que a representación do NorLeste que o pasado domingo se desprazou os All Stars no Pino, poido comprobar o bo estdo de forma en que se encontran as outras conferenciasa e ainda que deixou boas mostras de calidade, no foi quen de recoller ningún trofeo. A zona estornela (conferencia do Centro) levou tódolos premios e convertese en seria candidata para o triunfo final en Conxo.
Tamén comentar que nista xornada de Mondoñedo, cada palanador deberá abonar 5,00 € para facer fronte o seguro, isto ven a ser a cota de inscripción que se tiña que pagar o comezo da liga e iste ano non se fixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario