2010/04/18

En Xil xa nos agardan cas adegas cheas

    O 25 de abril os que non vaian ó San Marcos na Cadeira,  poden achegarse a pista das Angustias en Xil (Meaño) a  disputar o "Xerro do Salnés". Un  dos torneos de billarda mais agardadado polos palanadores do NorLeste e maxino que tamén polos das outras conferencias.
   OS FURANCHOS vísten as súas mellores galas para recibir a brutal invasión de toda a tribo LNB.
     Ista é unha cita ineludible: " Somos deportistas orgullosos....,  pero de pasar sede nada, tamén estamos orgullosos dos nosos viños e por iso os  bebémos con ledicia e adicación. Logo ó resultado do encontro pasa a segundo termo. Todos queremos gañar pero si se perde tampouco pasa nada, o mais importante e cumprir o rito da mañan.
   O dito: o 25 a Meaño. Ide confirmando asistencia   para realizar unha boa xestión do xantar e da viaxe programada dende o Norleste:
   Saída da GUAGUA  ás 8 da mañá do domingo 25, dende a estación de buses de Ribadeo. Prezo do billete: 10 euros por pasaxeiro. O xantar conxunto será co mismo menú e prezo do ano pasado, ou sexa 11 € por persoa. Comunicade asistencia para facer as reservas a: ovaral@hotmail.com ou ó  619.570.976.
    Recordade, o que vai una vez, volta sempre que pode e o que nunca foi, non sabe o que é unha boa xornada billardeira. Adiante con Varal!

No hay comentarios: