En Remourelle pechouse a tempada 2009-10 da LNB e MARKYTOS pillou o coello de Suso, sendo deste xeito o único palanador que consigue gañar tres trofeos na misma tempada.
Estupenda comida de irmandade billardeira na taberna de Lola, que como sempre nos encheo ben o bandullo para poder darlle o garabullo, con especial saúdo dun Calvete xa moi recuperado da súa doenza e que conta voltar axina a competición.
Exito de participación, ca presenza de coñecidas i añoradas estrelas da billarda da talla de David, Zidane, Juan Pico, Chema, etc. que mostraron un bo estado de forma i presenza tamén de "M de Meira" que na vindeira tempada será xa habitual, así como a parella de moda Xan e Xosé Rodiño que competiron tamén polo coello e unha vez mas Xan (o que xa chaman o Messi da Billarda) acadou a final, si bén nesta ocasión tivo que rendirse. Final de luxo formada por Hugo, Markytos, Xan Rodiño e un Flores en estado de gracia. Markytos abriu a tanda con un Varado e pechou con outro co que se fíxo amo e señor deste aberto i quedou con 11 a un so Varado do campionato.
Eric e Daniel fixeron 12 e tiveron que desempatar: Cinco lanzamentos con empate 1 a 1. Outros cinco e novo empate 2 a 2. No Varado de ouro Daniel estivo mais atinado e sumou así ao xa acadado título de Campión individual o de Campión de varados.
Así quedan as clasificación, en bermello os clasificados para xogar en Conxo as finais nacionais o vindeiro 30 de emaio.
Para competir polo campionato de donas están clasificadas: Geni e Reyes, que tamén loitarán polo título absoluto e Lola, Isabel e Lucia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario