2010/05/22

Conxo agarda por nos!

   Hoxe mesmo estanse a xogar as derradeiras carreiras que dan dereito o billete para Conxo. No sur, no centro, no noroeste, a repesca en Ourense  i ó mercores na USC porase punto final. Xa non vai mas! O feito, feito está!
  Sorte a todos/as, vémonos en Compostela!
  Para os do NorLeste, dicir que a guagua partirá da estación de buses de Ribadeo o domingo 30 as 8,30 da mañán. Dado que as 11,30 comezan as finais femeninas, rógase a maior puntualidade.
   Agradecemos o apoio do concello de Barreiros, que nos financia o bus como xa fixo en pasadas edicións.  Os viaxeiros deberán somentes pagar o xantar, que ainda que non esta confirmado, andará polos 12,00 a 15,00 €.
    Agardamos que tódolos clasificados acudan a cita. Si por calquera causa alguén non puidera ir, sería bó que o notificase canto antes co gallo de que fora o seguinte clasificado e deste xeito non deixar postos valeiros. Necesitamos ir todos ca máxima ilusión e gañas. PODEMOS E VAMOS A GAÑAR !!
  Calquera novidade comunicarase de contado.

No hay comentarios: