2010/05/12

Agardando para Conxo

    Na conferencia NorLeste da LNB xa está  todo o peixe vendido. O coello de Suso, puxo o peche a tempada e mentres se agarda paras saber os rivais para Conxo, comezan os contactos para reforzar franquicias e as posibles formacións de outras novas, cara a unha próxima edición.
    O deporte da Billarxa está rexurdindo, medra e consolídase. Cada golpexo do palán é un asúbio ao vento: "Xúnguete o carro da LNB" ... xúnguete...xúnguete... E de tódolos recunchos  saen novos palanadores. Hoxe somos centos, mañán miles e pasado mañan toda "Galicia practica". Billarda sempre, adiante con Varal !
   Hoxe tivemos a chamada de radio Foz, emisora amiga que sempre está o día nas nosas andainas billardeiras e ainda que sigue moi de perto as crónicas do blog, queria ter unhas verbas en directo para o seu programa deportivo e xa que logo vamos a deixar constancia dos campións 2009/10.  
    En donas a Campiona foi Geni (gran capitana de "Os Outros") dice Reyes, e dice bén. Geni foi sempre pola parte alta da táboa,  mesmo xogou una final codéandose con millores. Posúe o título de Campiona Nacional e acudirá a Conxo para defendelo con moitas posibilidades de renovalo. Por riba, tamén se clasificou entre os doce millores (en séptimo lugar), para disputar o título absoluto, un logro que ata o de agora ningunha outra dona fora quen de acadar. Por todo isto e por tódalas alegrías que nos vai seguir dando. PARABÉNS GENI !!
    En masculino, de igual xeito que o ano pasado, os títulos de Campión absoluto e Campión de Varados recaen na misma persoa. Daniel de "Billardeiros Musicais" toma o relevo a Markytos gracias a unha tempada moi regular, andivo sempre por riba da táboa e cando se viu no mais alto, amarrouse con forza e non se soltou, malia os acosos dos rivais. En varados Eric estivo a piques de lle leva-lo título nun desempate moi reñido que rematou con un apertadísimo 3 a 2 gracias o "VARADO D'OURO".
   En equipos a cousa foi mas doada os "Billardeiros Musicais", malia que pareza unha arroutada, pode decirse que non tiveron rival e dende a primeira xornada tomaron o timón de mando. Comenzaron gañando en Villarmatín Pequeno e remataron do mismo xeito en Remourelle. Das 11 xornadas disputadas na liga regular, saíron vencedores en 7 ocasións o que lles deu puntos dabondo para distanciarse do resto dos equipos, tan só "Os Outros", de lonxe e ainda de mais lonxe os "Remourelle Bulls" tentaron bailar, sin conseguirlo,  o son que marcaban os Billardeiros Musicais. Así pois a vindeira cita: Conxo. Aló iremos a dalo todo e a seguir disfrutando ca Billarda. 

No hay comentarios: