2010/08/20

"IV Trofeo de Billarda Festas Patronais"

  Xa perto da nova tempada da LNB Conferencia Norleste, queremos informar a tódolos palanadores/as que o vindeiro domingo 5 de setembro, faremo-lo  IV Trofeo de Billarda "Festas Patronais de Ribadeo".
  Para coller forza antes do encontro, estamos preparando un xantar conxunto, no que daremos boa conta do xabaríl ó que o vexetariano Xan Rodiño non puido indultar e tivo a bén nos traspasar.
  O facer o encontro na pista do Instituto Gamallo Fierros, o xantar será na "Dorada" para non ter que colle-lo coche e poder botar un par de grolos. Comunicaremo-lo precio do menú o antes posible, pero necesitamos saber canto antes o número de comensales así como si algúen non lle vai o xabaril, para lle facer un menú alternativo.
  A participación é aberta a palanadores de todo o mundo mundial e esperamos "carros cargados cun muquio de xente" dispostos a derrotar os Billardeiros Musicais + Os Outros.
  Tamén estamos traballando no calendario da vindeira tempada e poida que xa o presentemos ese día. 
  Agardamos por todos vos, pasade a nova e confirmada asistencia a: 636.843.377 (Daniel) - 605.316.896 (Marcos) ou  lnb.norleste@gmail.com - ovaral@hotmail.com


5 comentarios:

marcos dijo...

de momento comunico a miña presencia.cando sepa de mas xente xa aviso. eso si, necesito un menu alternativo!

a nena dijo...

Tamen conto ir pero conto meterlle o dente o xabaril. Amin gustame

Reyes dijo...

Nosotr@s tambien vamos ir, somos cinco, pero tambien con menu alternativo

pulgoso dijo...

Outro ano mais ganamos o trofeo das festas do noso pobo

Anónimo dijo...

Que pasou,¿suspendeuse este gran encontro que non hay moitas noticias?