2010/09/12

Os Billardeiros + Os Outros, profetas na súa terra.


  •   Este desafío anual que fan as dúas franquicias ribadenses ("Billardeiros Musicais + Os Outros") tivo unha gran resposta polo que os anfitrións non as tiñan todas consigo cara o desenlace final do encontro. A presencia masiva de palanadores do Centro (Furabolos e Trouleiros) reforzando os habituais do Norleste, e mais as achegas de Xan Rodiño, Sak, Jang Ji Yun e outros, facían que o reto billardeiro se convertise nunha das confrontacións mai fortes de tódalas edicións deste Trofeo das Festas Patronais de Ribadeo.

  •    Xuntámosnos todolos xogadores e amigos na Dorada donde, entre outras cousas, demos conta do xabari da chaira regado con abundante viño para logo desprazarnos os terreos de xogo do Colexio Gregorio Sanz.

  •   As equipas ribadenses formaron con 19 xogadores, enfronte tiñan a 26  experimentados palanadores que formaban a seleccion "resto do mundo" e viñan con gañas de loita, de ahí  a igualdade das primeiras roldas, mesmo a metade do encontro os foraneos gañaban por 4 puntos.  A partir dese intre, tanto os Billardeiros Musicais como os Outros, puxéronse as pilas e foron remontando ata chegar a un resultado final de 106 a 81 puntos, o que os convirtiu por 2º ano consecutivo en Campións.

  •    Foi esta unha boa pedra de toque para dar comezo a unha nova edicción da LNB que se presume moi reñida e igualada. No Sur xa comenzaron e nos o igual que o resto das conferencias,  farémolo o vindeiro sábado 18 en Burela disputando o que será o "II Aberto do Bonito".
 Aquí deixamos colgado o calendario oficial que fai uns días aprovamos nunha xuntanza:

L.N.B. 2010/11
CONFERENCIA NORLESTE
- 18 de setembro: 1ª Xornada LNB: II Aberto do bonito. Burela
- 26 de setembro: Aberto do I Trofeo das Asociacións. Riotorto

- 17 de outubro: 2ª Xornada LNB Aberto da Faba. Lourenza
- 30 de outubro: Copa Cantabrica: Galiza - Asturias (Pillarnu-Avilés )

- 14 de novembro: 3ª Xornada LNB: II Aberto do Chicharo lañado. Foz

- 19 de decembro: 4ª Xornada LNB: Torneo do Galo. Ribadeo

- 15 de xaneiro: 5ª Xornada LNB: Aberto do …. Pacios-Castro de Rey

- 29 de xaneiro: 6ª Xornada LNB: II Torneo do Lacón en Meira

- 26 de febreiro: All Star (en Cabanas ou Mugardos)

- 20 de marzo: 7ª Xornada LNB: II Aberto da Tarta. Mondoñedo

- 16 de abril: 8º Xornada LNB Torneo Cidade de Lugo

                   : Xerro do Salnés (Xil-Meaño?) … data a confirmar

- 15 de maio: 9ª Xornada LNB: II Aberto do “coello de Suso”. Remourelle

- 29 de maio: Finais en Conxo

Polo solo feito de participar, cada palanador acadará un punto que se sumará os que consiga no fase de grupos.
As puntuacións en grupos de cinco seran: 4-3-2-1-0.

Os puntos de cada xogador na xornada serán a suma de tódolos acadados nas distintas carreiras que xogue perante a xornada.
Quen fique campión os puntos que consiga engadiranselle 2 puntos mas.
Unha vez feito o sorteo, non se admitirá a naide mais.

O palán deberá ir suxeto a muñeca por unha cincha de seguridade.

As medidas do palán e da billarda, deberán ser reglamentarias.

En cada aberto cada participante deberá abonar 2,00 € que se destinarán a trofeos e outros gastos xerais.

7 comentarios:

Figo paso dijo...

é certo que Hugo colgou o palán porque non puido ver cumprido o seu soño dende neno....xogar cos Remourelle Bulls!! Magoa de política dos Billardeiros Musicais que prefiren ver a un palanador retirado antes de darlle a carta de libertade.

melendi dijo...

segun comentan por ahí, Hugo e mais o seu representante aínda teñen esperanza de que os bulls de remourelle o chame, sobre todo, logo de que os outros se fixeran con ana, a ultima fichaxe dos de remourelle

O Mou da ribeira dijo...

O de Hugo non é unha retirada definitiva, o que pasa é que chegados a certa idade, compre dosificarse, seguirá a xogar cos Billardeiros Musicais, ainda que non asiduamente. Os Bulls de Remourelle estan doentes, pensaban compralo cun prato de torrezmos e saiulles o tiro pola culata, je...je...

marcos dijo...

Os Remourelle Bulls estamos encantados co ekipo para a temporada 2010/2011. Coa unica fichaxe de salgueiro, logo do secuestro por parte de Os Outros da palanadora Ana, vemonos en condicions de loitar polo titulo unha temporada mais.
Conxo debenos unha!

Anónimo dijo...

Hugo seguro que non quere xogar polo abuso que supón pagar 2 euros por participar.

Anónimo dijo...

O problema de Hugo e que queria fichar po los Os outros pero o cupo masculino ta completo

Anónimo dijo...

Se para entrar nos outros hai que cambiar se sexo por favor que o digan xa que a Seguridade Social costea a operación gratuitamente