2010/11/15

3ª Xornada de LNB Norleste

    Os chicharros lañados deixaron no Campo da Cabana de Foz o seu salgado arume e voaron con vento fresco ata Portonovo. Nin o esgotador viaxe (a máñan xogaron na Coruña no comezo da liga do Norleste), nin a parexa formada por Reyes e Guile (de "Os Outros") foron quen de doblegar a Xosé Rodiño (dos "Bateas") que non deu trégola e impuxose de comezo a fin. Os palanadores de Os Outros, que viñan de pasar unha complicada rolda fronte a Markytos e Hugo, froxearon mais do convinte. A proximidade dun triunfo que viron tan preto atenazounos  e  deixaron que Xosé lles limpara os chicharros de diante dos fuciños. 
    Xornada complicada que mais unha vez pon de manifesto o gran nivel e a igualdade dos palanadores, xa non hai craros dominadores e faise normal recurrir as carreiras de desempate para pasar de rolda. Na clasificación individual non hai grandes variacións pero si cabe subliñar que Hugo ponse primeiro adiantando a Daniel por un so punto, gañan algúns postos Reyes, Markytos e os irmáns Rodiño e baixan Moisés e Borxa que non participaron, o resto varía moi pouquiño.
    Por equipos siguen dominando os Billardeiros Musicais ainda que reducen a distancia con Os Outros e os Bateas adiantan un posto e xa acosan os Remourelle bulls que siguen de terceiros.
    En varados subiu a dez o número de palanadores que conseguiron algún, sigue primeiro Daniel con 4, Guille con 3 e logo Eric, Ginés e Jose con 2.  Con 1 quedan outros cinco palanadores entre os que se atopa Reyes, a primeira muller que consique un varado esta tempada.
    Xuntamonos un total de 31 palanadores, cifra algo mais baixa do que ocurre habitualmente e tivemos a sorte de cara xa que nos repectou a chuvia e poidemos xogar fora.
   O equipo dos Bateas, logo de finalizado o xogo, foron os encargados de despexa-la pista , os poucos que quedaban recollendo todo, fuxiron a fume de carozo cando escoitaron un amago da estrea do himno oficial, queremos creer que con algún ensaio ha de mellorar, ainda que damos fé de que como cantantes non se gañaban a vida. Animémolos, que gañas si que lle poñen.

4 comentarios:

Isa dijo...

Ahí tenemos a Reyes que lo dio todo en foz, segundo año consecutivo que llega a una final, venga Reyes, a la tercera irá la vencida, pero tu equipo está contigo, a pesar de que no hubo una victoria, esos chicharritos eran para Guille o para ti, pero vale pensar que hay más trofeos durante la liga, que os esperan impacientes a los dos.

marcos dijo...

na cuarta xornada retorna ás pistas da conferencia norleste O Golpe. Os mais novos nesto poida q nunca o viran, pero é un programa resumo da xornada con dous dos protagonistas do aberto

Anónimo dijo...

Quén o presenta?

marcos dijo...

tamos no casting!