2010/11/10

A LNB visita Foz

    Unha vez que, loitando a brazo partido cos nosos irmáns astures, repuxemo-la Copa Cantábrica ao seu lugar natural ou sexa a Taberna de Lola en Remourelle, e despois do adestramento-aberto de Ove, a LNB non ten acougo nin repouso e trasladámos ata Foz para por en liza o II Aberto do Chicharro Lañado.
    Haberá chicharros para o gañador, agasallos para os primeiros clasificados e alghuna sorpresa mais. Os que seguistedes o Tele Varal Live do pasado luns, xa mais ou menos saberedes de que vai o tema, o resto comprobaredelo in situ.
   O encotro está para as 16,00 horas, é necesario polo pouco día de que dipoñemos que sexamos moi puntuales para que non nos colla a noite. En principio será no campo da Cabana como o ano pasado, pero en caso de choiva, trasladaremolo o C.E.I.P. nº 1, que está na Rúa Salvador de Madariaga, s/n. Achégadevos pois contra as 15,45 para apuntarvos e facer o sorteo. Vémonos aló.

No hay comentarios: