2010/11/01

A Copa Cantábrica de volta na Galiza

    Cumplíronse tódalas espectativas, a Selección Galega de Billarda tomóuse a revancha dos asturianos e no mesmo esceario donde o pasado ano caera derrotada, fíxose de novo ca "Copa Cantábrica", recuperando así a  hexemonía perdida. Todos e cada un dos seleccionados deixaronse a pel no pavillón de Piedras Blancas e xa dende o comezo dos enfrontamentos acosaron o "castru"  e fixéronse donos da situación. Nin o mesmísimo Pelayo sería quen nesta ocasión de cambeala sorte ao seu favor, os machetadores Asturianos vironse superaros polos palanadores Galegos que lles  inflinxíron unha abultada derrota, doblaronos nun marcador final de 34 a 17.
    Nembargantes, a rivalidade reflexada no terreo de xogo, trocouse logo en cordial camaradería. Un xantar conxunto en Casa Orosia, deixou bén as claras a espléndida relación que une as dúas comunidades liriu-billardeiras. Entre cánticos, gaitadas e chistes quedamos todos emplazados para unha vindeira edicción.
    Como pos-xantar e para baixar "les fabes" retomamo-los paláns e voltamos a cancha de xogo para disputar o xa tradicional " Trofeu del Llacón".
    Logo da superioridade mostrada a mañan, naide dudaba de que tamén conquistaríamos o trofeo da tarde e así foi. Sucedéronse as eliminatorias e os "machetadores" foron desaparecendo superados polos "palanadores" ata chegar a unhas mediafinais completamente galegas. Franco e Daniel, despois de chimpar fora a Geni e Luis respectivamente xogáronse a final.
    Os pronosticos eran favorables a Daniel que contaba por triunfos os seus catro últimos torneos disputados, pero nembargantes viuse sorprendido polo seu compañeiro de equipo DELFRANCO que  non se deixou intimidar e fixo valer as súas armas. Está recuperando a pasos de xigante a súa grande forma de tempadas anteriores e confirmouno vencendo merecidamente nesta emocionante final.
    Non houbo llacón desta volta, pero sí unha fermosa figura, reproducción da Virxe de Covadonga na súa cova. Tamén houbo medallas de ouro, prata e bronce para os tres mellores, Franco, Daniel e Luis.
    Por outra parte e fora de programa, disputouse un abertiño entre tódalas donas, que neste caso si quedou en Asturias, Critina levou medalla de Ouro, sendo a prata e o bronce para as galegas Isa e Geni.
    Subliñar que a entrega de trofeos foi presidida polo Concelleiro de Deportes de Piedras Blancas, que mais unha vez nos amosou a súa boa disposición a colaborar co deporte tradicional.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Franco!, Franco!, Franco!, Noraboa Campión, xa era tempo. Que sigan os éxitos.

pateironomade dijo...

Non podo aceptar esa medalla porque non se xogou por ela.

Reyes "OS OUTROS" dijo...

Enhorabuena a Franco, una final muy merecida, a ver si vuelves a resucitar que necesitamos alguien que pueda con Daniel, despues ya nos encargaremos de ti....je je je