2010/10/18

Fabas de Lourenzá na 2ª Xornada da LNB NorLeste

    Ao pé do antergo Monasterio de San Salvador, no cantón de Lourenzá, disputouse a 2ª xornada da LNB da conferencia Norleste.
    Día axeitado para a práctica deportiva nun fermoso paraxe e ca presencia de múltiples xiareiros e curiosos que se arrimaron para ollar as eliminatoias que daban paso a disputa final do saqueto de fabas.
    Como a miudo ocorre, houbo sorpresas ao quedaren eliminados na primeira rolda palanadores da sona de Markytos, Xermán, Reyes, Geni, Marcos, etc. etc. o que dí ben as craras a progresión dos novos valores que veñen puxando forte.
    O primeiro finalista foi Ginés dos Remourelle Bulls, que deixou fora a Borxa sin problemas e logo a Xan Rodiño, ainda que tivo que emplearse a fondo e chegar a un desempate co palanador dos Bateas.
    Hugo, dos Billardeiros Musicais, pola súa parte desfíxose de Eric e nunha semifinal a tres, de Lola e Moisés acadando por segunda vez consecutiva as finais nesta tempada.
    O tercerio finalista, outro Billardeiro Musical, que tamén repite con Hugo foi Daniel, que non tivo problemas con Flores e protagonizou a semifinal mais emocionante con Guille de Os Outros. Un duelo a cara de can entre dous palanadores que se coñecen a perfección e donde ous dous puxeron o mellor que tiñan. Remataron empatados. Na primeira carreira de desempate, a un varado de Daniel respondeu Guille con outro varado. Nova carreira na que a un espectacular tiro de Guille que quedou a rentes do varal respondeu Daniel cun novo e definitivo varado que lle abría as portas da final.
  Na final tampouco faltou a emoción, os tres palanadores coñécense de vello, e cada un sabe das posibilidades dos outros, de tal xeito que as diferencias entre as puntuacións foron mínimas e quedaron deste xeito:
3º  Ginés con 3 puntos.  2º  Hugo con 4 puntos.   1º  Daniel  con 5 puntos.
   Además do saqueto de fabas para o Campión, os tres finalistas foron agasallados cun artesanal e vistoso pratiño a modo de trofeo. Noraboa a tribu billardeira por iste novo éxito deportivo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Alguén pode comentar o incidente cun palanador de Bateas que seica fixo levantar ao Conde Santo da súa tumba, despois de guindar o palán con tal forza contra o chan, unha vez que dou un golpe desafortunado.

Anónimo dijo...

desde o concello xa están a buscar ao energúmeno que deixou o palan marcado no chan do cantón de lourenzá. ofrecen unha pequena recompensa pola sua cabeza

Nômade indignado dijo...

O palanador de Bateas guindou o palán indignado, despois de que o seu compañeiro de equipa o traizoara non cumplindo o acordado. Decidimos que nas eliminatorias norleste, en caso de ter que competir entre nós, fariamos un reparto de puntos. 3 para cada un, e desempate a morte.

Iker Casillas dijo...

Penso que seria necesario facer unhas probas de dopaxe,non sei,pero un home con de mais de medio seculo as costas que vaia por todo o pais arrasando con todolos premios non ten moito sentido,ou ten poderes sobrenaturais o algo toma diante de cada partido.Probas de dopaxe xa

Anónimo dijo...

tristes declaracions de iker casillas, non debe poder gañarlle a daniel na pista e empeza a difamar acusando de dopaxe

Estouoloro dijo...

Nunca vos fixástedes que Daniel leva unha petaca no peto? Disque no tempo que lle queda entre monta-lo varal, axudar no sorteo, xogar, facer de xuiz ou tirar fotos, lle mete un viaxe a petaca (ainda lle debe quedar albariño de Xil).

Anónimo dijo...

Os seus poderes rematán no norte
o sur e inexpunable xa o veredes