2010/11/08

Entrenamento a tope

   Onte domingo, non poidemos entrenar en Ove, os ceos craros de cando en cando, soltaban caldeirados de auga e ainda que agardamos todo o posible, tivemos que xogar no Colexio Gregorio Sanz, aquí polo menos, no pavillón estibemos a cuberto e non nos mollamos.
    Fumos un total de 20 palanadores, que para un simple entrenamento está mais que bén e os que levaron as castañas foron 1º Daniel, 2 º Jose (ficaron con 12 puntos cada un, e gañou Daniel o desempate con varado incluido)e 3º Markytos (11 puntos o mesmo que Isa ca que tivo que desempatar), pero isto é o de menos, o de mais é que o pasamos bén, xogamos todos e poida que atopáramos un sistema de xogo que poderíamos adoptar para a liga regular en vindeiras tempadas. Practicamente todos xogamos o mismo número de carreiras e mantívose a lo longo da tarde moita igualdade entre os palanadores.
    Temos que subliñar por riba de todo a consolidación de José María como palanador de futuro. Aos tan soio 6 nos, deunos unha lección ca súa habilidade e potencia de golpexo. Foi quen de empatar con Elena, o mesmo fixo con Isa (que finalizou no 4º posto) e foi quen de lle gañar ao seleccionador Flores (malia que iste estaba axudado dende a banda polos incesantes ladridos do seu cadelo).
    A anécdota tivo como protagonista o pateiro nómada. Luis dos Bateas, que mais tarde confesou que viña en plan espía, traía nembargantes unha billarda especialmente diseñada para a ocasión, intertar doblegar aos do Norleste, pero a fatalidade ceibose nél e no quencemento a billarda voou ata o teito do pavillón e quedou presa nunha das vigas. Alí ficou, e ficará xa que non creimos convinte chamar aos bombeiros para rescatala. Luis daquela tivo que botar man de outra billarda mais vulgar que non lle deu o resultado agardado.
    Estase a pensar xa noutra xornada de adestramento-aberto que se comunicará o seu debido tempo. Agora toca centrarse na liga que prosigue o domingo en Foz.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Pregunta: Que fai a Copa Cantábrica no adestramento? Non estaba na taberna de Lola?

MARKYTOS dijo...

aínda diría máis.... José maría ten 5 anos e algún que outro mes de verán e outono, os 6 aínda quedan para marzo.jiji.aínda ten máis valor así no??? jejeje. o que está claro é que temos un gran palanador na nosa liga de cara o futuro.

Luís Ba dijo...

Esa billarda era especial para min porque con ela gañei a miña primeira xornada de liga, e porque ma deu Xan Rodiño. Aí funme abaixo completamente desmoralizado.

marcos dijo...

dou fe q a copa cantabrica esta na taberna de lola, oxe si!
luis, a tua billarda chamaremos ao concello para q a vaian rescatar, pode q pa tempada 2015 xa a teñas contigo!

Luís Ba dijo...

Na 2015 necesitareina porque daquela xa estará José María entre os mellores

Anónimo dijo...

E que se vai facer con ese can? por deus no. non o quero o domingo en foz. nooooooooooooo

Reyes dijo...

Voy llevar el sacho por si tengo que utilizarlo con alguien que no pare de ladrar