2010/12/14

Xa chega o Galo de Ginés

     A LNB continúa sin trégola a súa andaina billardeira, nomeadamente iste fin de semana na que agás no Noroeste, temos abertos nas outras catro conferencias: en Porriño xogan os do Sur, os do Centro fano en    Compostela, a Bezouqueira en Mugardos e nos, a conferencia Norleste, farémolo na pista de Ove si o tempo o permite, senón será no Colexio Gregorio Sanz a cuberto da choiva. 
    Como premio para o gañador o xa tradicional e tan cobizado  "galo de Ginés". Tamén haberá algún agasallo para os tres primeiros clasificados na xornada.
     Os "Outros" teñen a tiro o primeiro posto e disque van a por todas para desbancar os "Billardeiros Musicais", por outra banda os "Bateas" de Portonovo queren ter unha presenza mais que testimonial nesta conferencia e chegarán cas súas mellores armas ainda que terán que multiplicarse para atender a tódolos compromisos. Os "Remourelle Bulls"  buscarán ter un bó día e loitarán por non perder o terceiro posto  e os Ekipa-Bítere-Mobles Folgueira andan como tolos en busca de reforzos para asentar de unha vez por todas o equipo e facelo mais competitivo. 
     Os estudiosos da billarda pronostican unha xornada moi emocionante e disputada que nos fará vibrar a tódolos amantes de este xogo-deporte.
    Animamos a toda a xente para que se achegue e participe con nos. Non hai límite de idade, dende os cativos ata os abós poden xogar. So se precisa gañas de pasalo bén. Iso sí, as catro empezamos, polo que todo aquel que queira participar debe apuntarse a pé de pista antes das 15,45 h.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Mellor as 15.30 para os que chegan sempre tarde

marcos dijo...

Os bulls se decimos que vamos defender con uñas e dentes o terceiro posto quedamonos curtos!!vamos a polos segundos!!!


ahh . . . PREGASE PUNTUALIDADE!

Bateas dijo...

A nós o que nos interesa é o fillo de Ginés.