2010/12/22

4ª xornada "O Galo do Ginés"

    Que "os Bateas" de Portonovo veñen por todas a conferencia NorLeste é un feito. Non o teñen doado, pero hano de tentar mentras poidan. Pola mañán xogaron en Mugardos na conferencia Bezouqueira, na que figuran conmo lideres destacados e a tardiña presentaronse en Ribadeo co groso do equipo agás Xosé que prefiriu defende-lo liderato que posue na conferencia Sur, no Porriño.
   A presenza do Apalpador trouxo como agasallo especial para a Canferencia Norleste que o tempo nos  permitira finalmente estrear a pista de Ove en competición oficial e ainda que a o frío da tardiña nos acompañou, o encontro foi discurrindo a bó ritmo. A loita dos palanadores, logo da fase de grupos, foi moi parella e houbo que recurrir á carreira de desempate na maioría dos enfrontamentos ata chegar as seguintes semifinais: Daniel Vs. Franco, Markytos Vs. Guille e Mondoñedo Vs Bixi Vs. Xan Rodiño.
   A final foi Daniel-Guille-Xan Rodiño, sendo finalmente este último o gañador do fermoso polo é ainda por riba de gañar permitiuse o luxo de cerrar a súa quenda cun fermoso Varado.
   Como todos sabemos, Xan é un defensor dos animais e a pé de pista confesounos que o galo llo iba levar como agasallo a súa nai para galear unhas pitas que acababa de mercar.  Grande Xan! e tanto si o galo fai de semental ou de prato na mesa, Parabéns! e deica logo.
   Eiquí vemos a Xan Rodiño, flanqueado polos outros dous finalistas mirando o ceo e dando gracias pola victoria, ao fondo "Pinto" da correa de Flores. Disque a conferencia NorLeste en pleno vai facer folga de paláns caidos ate que Pinto sexa expulsado definitivamente das pistas de xogo, agás si ven disecado como viña o "golpe".

No hay comentarios: