2011/05/10

De Xil a Remourelle (do albariño ó marisco de cortello)


       Ainda non repostos da ruta dos Furanchos de Xil, da que afortunadamente retornamos todos ca satisfacción do deber cumprido (todos mais en maior que en menor medida probamos o nectar dos viñedos e competimos bravamente, ainda que en inferioridade de condicións, no aberto do Xerro),   voltamos a competición oficial para finiquitala. Será na pista de Remourelle donde o vindeiro domingo día 15  se lle porá fin a tempada regular e de donde sairán os Campións 2010/2011 é mais os clasificados para xogar as finais nacionais en Conxo o 29 de maio. Nada está resolto, emoción ata o derradeiro golpexo de palán porque a clasificación provisional pode  ainda dar voltas, agás Reyes que xa é a campiona en donas sin que naide lle poda quitalo posto, o resto está no ar.  Parabéns xa por adiantado para a pequena Gran Palanadora de "Os Outros" co firme desexo de que en Conxo poida confirmala súa supremacía sometendo o resto de palanadoras do mundo billardeiro.
     Agardamos pois unha pista repleta de palanadores e de xeareiros que poña broche de ouro a esta  campaña da LNB que finaliza. E para comenzar con bó pe, antes daremos conta todos xuntos dun xantar na Taberna de Lola. E moi importante confirmar a asistencia por mor da capacidade do comedor. O menú estará composto por:
    Tortilla, empanada e xamón. Costela asada con chorizos da casa. Postre e viño da casa e terá un coste de 9,00 € por comensal. Para confirmar a asistencia contactade con Marcos (605316896).
     Esperamosvos a todos a Remourelle!

No hay comentarios: