2011/04/18

8ª xornada da LNB

     A serpe multicolor da LNB, desprazouse ata a pista de herba artificial no barrio da Piringalla de Lugo para disputar a penúntima xornada puntuable da tempada.
     A expectativa de xogar en céspede artificial era grande por ver como respondían os palanadores e visto o resultado podemos confirmar que por riba de novedosa resultou unha experiencia moi positiva para a maioría dos xogadores. Parabéns a Madia Leva pola organización e polo acerto na elección da pista de xogo. Tamén mención especial para M de Meira pola implicación na búsqueda e fabricación de novo material deportivo, palans e billardas de diseño, magoa non poideron demostrarnos con puntos a súa eficacia ... 
     Fixéronse en total 12 Varados (o récord está na xornada 6ª no pavillon de Meira con 16), si ben so contabilizan 11 xa que o derradeiro  non puntúa como tal, pero serviulle a Guille para desfacer o empate na final con Eric e proclamarse campión do Aberto.
     Como queda dito, Guille foi superando roldas e plantouse nunha final a tres con o seu compañeiro de equipo Eric, e con un Marcos dos Remourelle Bulls que non tiña moi clara a clasificación individual para Conxo e cos puntos de hoxe consigue meterse na pomada.
     A boa afluencia de xiareiros e un xogo dinámico neste ata agora descoñecido terreo xuntáronse para nos regalar una excelente tarde billardeira que todos agardamos repetir en breve.
     Ainda que non matáticamente, xa se pode dar como campión por equipos a "Os Outros". Levan 7 puntos por riba dos Billardeiros Musicais e sería impensable que perderan o título a falta de unha soa xornada como é o caso.
     O título de campión individual e de varados están no aire. Guille ca victoria de hoxe acada o primeiro posto na clasificación con dous puntos sobre Xan Rodiño e cinco sobre Daniel. Estos tres son os únicos que poden optar o liderato. En canto a varados sigue comandando Daniel con 10, pero tanto Guille que leva 8, como Eric, Markytos ou Xan Rodiño con 7, poden dar a campanada en Remourelle e birlarlle o posto. Os cinco están xa clasificados para as finais de Conxo posto que os seguintes están con 4 e 3 varados e resulta ilóxico pensar que poden remontar.

3 comentarios:

marcos dijo...

Será unha ultima xornada en remourelle emocionante ao non haber nada decidido.
Algo mais clara a clasificacion de equipos (pero nunca se sabe), e coa individual e de varados moi aberta.
E cos Remourelle de novo nas finais!!!

Anónimo dijo...

Marcos, xa formas parte do selecto grupo de RANKING individual TORNEOS de todoLNB. Que sintes ao formar parte da historia da billarda ao lado de nomes míticos?

marcos dijo...

Aora a ver si logro subir algun peldaño!