2011/06/27

Ven, ven, beee...nnn cordeiriño ven.


 

Entraba en tódalas quinielas, ainda que Os Outros (Riboutros) e  Extension Agraria (Vilamar) se meteran de cheo nunha liorta dialéctica sin trascendencia, os amos do año voltaron de novo e deixaron craro dende o principio que viñan dispostos a rapar a ovella. A sorte os emparellou cos actuais campións da conferencia na pista 1 e co voluntarioso equipo Astur e de novo Os Billardeiros Musicais (Ribilleiros) sairon victoriosos e pasaron a final.
  
(Flores entrega un agasallo o equipo Astur que loitou bravamente na Devesa)

          Na pista 2, tamén o equipo de Remourelle, moi ben reforzado polo fillo pródigo Muriego e mais por Bea, mostraronse tremendamente superiores a San Cosme e a Vilamar.

(Bea e Muriego en pleno esforzo co equipo de Remourelle)

          A final estaba servida, dous clásicos  Remourelle e Ribilleiros reviviron vellos enfrontamentos. Os dous pasaron folgadamente como primeiros de grupo, tocaba ver como se desenvolvía a loita directa. Cinco series de cinco carreiras para decidir si o año voltaba para a montaña ou ficaba mais perto da ribeira.
         Comenzaron pegando os Ribilleiros que logo das dúas primeiras series gañaban por 2 carreiras. Nas dúas seguintes foi Remourelle quen dominou chegando a igualar o marcador.

(Franco, con 8 puntos sobre 10, foi o mellor da final)

         As derradeiras  cinco carreiras comenzaron con Muriego Vs. Daniel empatados e Ginés Vs. Hugo tamen empatados, foi Markytos (subcampión nacional) quen co seu triunfo sobre Suso lle votou a man o año e o pillou dunha pata e na seguinte carreira Franco (o italogalego superstars) pillouno pola outra pata gañándolle a Andres. Xa todo o pescado estabba vendido, a derradeira carreira non tiña nin tivo influenza, Bea Vs. Julio ficaron empatados.

(Os Ribilleiros co año mouro, outra vez albino, da LNB inmortalizados pola cámaras)

       De novo e por segundo ano consecutivo, os Ribilleiros foron quen de gañar o año. Ben seguro que a estas horas está xa colgado e listo para pasar o congelador en espera de que todos xuntos o vaillamos a xantar.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Para xogar con os billardeiros musicais ¿fai falta saber tocar?, eo so asubio pero xogo moi ben. Haberá un posto para min?

Anónimo dijo...

¿e para ser dos outros que hai que facer?

Anónimo dijo...

Os que non somos billardeiros... pois xa somos dos outros.

MARKYTOS dijo...

Mándanos unha foto de carnet e o teu curriculum a dirección: BILLARDEIROS MUSICAIS
Avda: CALVO SOTELO 9-11 2º G
27700 RIBADEO LUGO
Xa nos poñemos en contacto contigo para facerche as probas e entrar no equipo do Billardeiros.
Non fai falla tocar ningún instrumento soamente darlle con xeito e atino a billarda, e ter ganas de loitar polos títulos sempre. Un saudo e esperamos a tua solicitude con impaciencia querido anónimo.

marcos dijo...

Pois cadrame cerca!!non sei si pasarme facer as probas!!!