2011/10/31

3ª Xornada da LNB NorLeste. I Aberto do Ferro

     En A Pontenova, ca Praza dos Fornos ateigada de xente celebrouse o I Aberto do Ferro, torneo de billarda correspondente a 3ª xornada da liga regular da LNB. Sesenta e dous paladores en liza bateron record de participación nun aberto no Norleste.
     O día caluroso axudou a vistosidade da competición. Mais o sol co que deu comezo a xornada foise indo paseniño por mor da grande cantidade de xente que fixo que a xornada se alongase ata o fuscolusco no que se xograron as carreiras de desempate polos postos de honra.
     Cabe destacar o empeño e bo facer dos anfitrións que contribuiu o éxito deportivo da xornada  en xeral e seu en particular. Xoragon moi ben e foron profetas na súa terra ao conseguiren o título indivudual no aberto e o 3º posto en donas. 
      So un xogador foi quen de gañar as cinco carreiras, Regueiro dos Troitas Bravas, o que lle deu o 1º posto no aberto. Polo segundo e terceiro posto loitaron a tres carreiras outros tantos palanadores chegados do Sur: Cristian, Lois Camiña e Xan Rodiño que ficaron neste mismo orde descartando a Cristian que foi o eliminado.
     No apartado de donas, o 3º posto ocupouno Carme (Troitas Bravas) e na disputa do 1º e 2º enfrontaronse a dúas carreiras Bea (Remourelle Bulls)  e Reyes (Os Outros). Foi a vixente campiona Nacional Reyes quen se fixo co podio e polo tanto Bea subiu o segundo caixón.
     As clasificacións (pendentes de que a directiva estude unha posible irregularidade na alineación dun palanador) están actualizadas no apartado correspondente deste blogue.

No hay comentarios: