2011/10/24

V Copa Cantábrica

     Foi no mesmo corazón de Piedras Blancas, na Plaza de Europa, donde a selección Galega defendeu con éxito a Copa Cantábrica que tiña no seu poder.


      Quince palanadores galegos contra 13 machetadores Astures polo que para igualar a contienda, Hugo, como xa fixera en ocasión anteriores, non tivo invconvinte en porse ao servicio do seleccionador Asturiano e brindarlles unha moi efectiva axuda que nembargantes non foi dabondo para acadar o triunfo final.


     Xogaronse en total catro roldas e a seleción Galega impuxose claramente en tres delas, somentes na segunda os machetadores astures foron quen de apertar un pouco e amiazar cunha remontada que non se produxo. Os resultados parciales foron de: 4 a 10; 8 a 6; 5 a 9 e 7 a 10 dando unha puntuación final de Asturias 24 Galicia 35. 

    Marisa e Villarino gañaron tódalas súas carreiras

      Moita xente disfrutando do bo tempo e do vistoso xogo desenrolado nun espazo perfectamente elexido e delimitado para evitar posibles accidentes. Parabéns a organización e o bo facer de Hevia  ainda que no xogo a súa participación non foi tan lucida.
     Finalizada a xornada da mañan, dirixímonos a Casa Prendes para o xantar de irmandade donde naturalmente demos conta da consabida fabada. 

      A tardiña ca presencia da  Televisión Asturiana.TPA facendo  conexións  en directo, fixose entrega da Copa e posteiromente xogouse o "Aberto do Llacón", que non foi tal ainda que non salimos do reino animal, tan so se trocou o porco por unha parella de coellos.
     As eliminatorias foronse sucedendo chegando para disputar a final unha parella xa ben coñecida por todos: Geni que chimpou fora a Xermán, gañador do último Pito Caleya  e Daniel que deixou na cuneta a Martiño.

     Dúas carreiras por diante. Na primeira Daniel chegou primeiro o Castru, pero na segunda Geni foi quen de igualar e forzar un  desempate. Xa estaba feito, os coellos que primeiramente se lle tiñan entregado a Geni como gañadora moral do aberto, seguiron sendo dela por dereito propio. Gañou con autoridade sin dar opción o seu compañeiro.  Velaí quedan os resultados do aberto.


 

No hay comentarios: