2011/10/11

2ª xornada da LNB NorLeste.

     O cantón de Lourenzá viviu o domingo unha festa billardeira que non se esquecerá perante moito tempo. Medrou a participación con respecto a 1ª xornada que xa fora moi concurrida e o nivel dos palanadores sube como a escuma do "Escumoso Bieteiro". Sobresainte a representación de A Pontenova cos Paus de Toxo que debutaban e ficaron por riba das Troitas Bravas.

     
     Guille de Os Outros sigue intratable, fixo de novo pleno e ainda que desta volta tamén Reyes, compañeira de equipo e actual "Campiona Nacional" conseguiu a máxima puntuación, no desempate tivo que rendirse ante a billarda sambeira do brasileiro. Disque Reyes se viu perxudicada por mor de que nun lance do xogo a súa billarda favorita foi parar a balcoada do Concello e alí quedou ollando o desenlace das carreiras de desempate. Temos que decir que na primeira carreira porduciuse un empate e na segunda Reyes mandou un tiro que petou no varal e saiu fora que foi  o que lle permitiu ao seu compañeiro e rival, marcar e rematar gañando a carreira.  Guille acada o seu segundo trunfo consecutivo na liga regular (tamén foi o vencedor no abertiño-adestramento do vermú de Remourelle). Cousa rara nil, hoxe non fixo ningún varado. 

     Destacada foi tamén a participación de Bixi do Ekipa-Bitere-M.F. que a piques estivo de subir o caixon dos gañadores, loitou polo 3º posto con Luis (Bateas) e Markytos (Billardiros Musicais) pero foi o veterán Billardeiro Musical quen puxo o ritmo e cantou victoria.  Acadaronse un total de seis varados e a xornada rematou ca entrega de premios na que o ciclista galego Rubén Sanchez fixo os honores na entrega de agasallos para os tres primeiros e un saqueto de fabas "Veiga do curral" de Santo Adrao de Lourenzá para Guille de Os Outros. As clasificacións están xa actualizadas. A vindeira xornada  na Pontenova o día 29. Agardamos eguir medrando.

2 comentarios:

enri dijo...

nunha servilleta dun bar de ribadeo hai asinada unha cesión dun mítico palanador e matatxin dos Bulls á Ekipa Bítere...o Bojan Krkić da billarda!!

florentino dijo...

o tal bojan krkic di q ten agradecementos pra todos menos pra un dos bulls q nunca confiou nel