2012/01/16

6ª xornada da LNB NorLeste

     Comenzamos o que poidera chamarse segunda volta na Conferencia NorLeste da LNB. A 6ª xornada xogouse en Castro de Riberas de Lea ca disputa do “II Trofeo Galiña de Mos”. O igual que o ano pasado non foi unha senon dúas as galiñas que se entregaron os vencedores (non sei se os patrocinadores sabían do triunfo das donas porque os premios en troco de galiñas, desta volta foron 2 galos), así como media ducea de ovos para o terceiro clasificado.
O campo de xogo, blando e irregular non impediu que o xogo fora vistoso.
     A participación superou o medio cento de palanadores que se deron cita no antiguo campo de futebol e disfrutaron d’unha tarde na que as mulleres foron protagonistas e acadaron o 1º e 2º posto no aberto.
     Prevendo as dificultades que ó propio xogo engade o terreo de herba, moitos dos palanadores iban pertrechados con distintos artiluxios que fixeran mais doado o acomodo da billarda no chan para facilitar o golpexo da mesma, e así poidemos ver por toda a pista, dende pequenos garabullos ata verdadeiras plataformas de lanzamento (algunha voz comentada a improcedencia desta axuda, pero como nada di o regulamento ó respecto, cada quen fai o que mellor lle cadra). Como se soe decir: Todo farelo! Nin soportes nin gaitas!
Reyes co 1º premio e a monteira de Campiona no aberto da Galiña de Mos
     Chegou Reyes ca súa billarda chalupa ca proa ollando cara o ceo e puxo a cada quén no seu sitio, gañou a tódolos rivais que o sorteo lle deparou e fíxose ca 1ª posición e ca galiña de Mos. Non é casualidade que dende o comezo estea no mais alto da táboa de clasificación e por si alguén tiña dúbida, confirmou con esta victoria que o seu triunfo no Aberto de Flores non foi casualidade senón producto dun xogo moi seguro e regular que fai desta palanadora de “Os Outros” uha seria candidata o título da conferencia NorLeste que lle serviría para completar o de Campiona Nacional que posue na actualidade.
Bea co 2º premio.
     Para completar a xornada outra dona: Bea de “Os Remourelle Bulls” conseguiu o 2º posto. Tampouco lle fixo falla soporte ningún, cun pequeño paucín de toxo algo curvado que usa como billarda (mais semellante a un garabullo polo delgadiño e lixeiro), foi quen de deixar na cuneta a Regueiro na loita polo 2º posto.
Regueiro na élite con 3º premio
     Como queda dito os homes desta volta de 3º para abaixo e sin rechistar. Non críades na igualdade ou? Pois ahí a tedes: igualdade e SUPERIORIDADE das Donas. Eso de que a LNB tamén xoga en Clave de Muller quedou ben clariño desta volta.
     E como non hai dúas sin tres, o día seguinte en Perillo e correspondente a conferencia Noroeste, foi Geny (excampeona nacional, de “Os Outros”) quen redondeou a faena gañandoñe na final a Lois Camiña por un rotundo 2 a 0.
Geni en Perillo ergue os brazos logo de gañar a segunda carreira e o torneo.
     Daquela compañeiros, so resta entrenar e prepararse para tomar cumprida venganza o 4 de febreiro en Meira no III Torneo do Lacón. PALANADOREEESSS!!! ATEMONOLOS MACHOS, QUE NOS PAPAAANNN!!!

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Graciñas pero coma esta volta poden suceder mas.......vivan as mulleres da billarda.

Anónimo dijo...

eu creo q a final nacional feminina deixa de ter moito sentido. marcos

Anónimo dijo...

Xa fai uns anos que non ten sentido se non hai unha final masculina. Markytos

Anónimo dijo...

Pois eu penso que si ten sentido. Polo menos mentras non haxa o mesmo número de palanadoras que de palanadores practicando a billarda. Regueiro.

Anónimo dijo...

E que ten que ver o numero de palanador@s? as mulleres poden optar a 4 títulos e os homes a 3. Eu simplemente digo que non debe existir por eso.Tendríamos que ter todos as mismas opcións de títulos non?.MARKYTOS

Anónimo dijo...

Eu penso que é un incentivo para que se animen máis mulleres a xogar. Só o decía por iso.

Anónimo dijo...

O da final de donas xa se ten falado e as opinións son varias e todas teñen a súa razón. Eu penso que si as mulleres poden loitar polo título absoluto (e si que poden ainda que non en gran número), o título femenino sobra. Ou se loita por un só título absoluto ou se fan dous: un masculino e outo femenino. Pero ter un absoluto e outro para donas para min e unha discriminación. Daniel

Anónimo dijo...

Efectivamente, este é un debate que da para moito. Na miña opinión sí ten sentido como medida de discriminación positiva mentras que non partamos de igualdade de condicións, e iso inclúe o número de palanadoras e palanadores. Cando quixen facer un equipo de billarda en A Pontenova quixen animar sobre todo a mulleres, pero xa vedes que de 18 que se animaron 15 foron homes e 3 mulleres, e iso que puxen especial interés en animalas, pero teño que coidar dos fillos, dame vergoña, teño que coidar da miña nai, eu non vou saber... Esta é a realidade social. En resumo, penso que pode parecer inxusto que optemos a un título máis, pero se pode servir para que máis féminas se animen a competir... Tampouco é tanto problema, non? Carme

Anónimo dijo...

Bueno, ainda que sigo mantendo a miña opinión, o que dí Carme pareceme moi razoable. Si o fin que se presigue e que xoguen cada vez mais donas, manteñamos o título absoluto e o feminino ou de donas. Non é ningún problema mantelo así e de feito tódolos anos se ven facendo. Ainda que polos problemas (as mais veces simples desculpas) dos que fala teñen as mulleres non vai ser doado acadar unha paridade en moito tempo, pero ben está intentalo. Daniel

Anónimo dijo...

Moito criticar a Fraga, a Feijóo e poñer cousas en contra do PP e o alcalde de Castro (do pp, claro está)chupando cámara e dando os trofeos do aberto da galiña de mos. ¿Non se vos estará indo a pinza un pouco? ¿Onde vai a coerencia?

Anónimo dijo...

Esto e un xogo,non un clube politico,deixa de malmeter,que o unico que pretendes e que se deixe de xogar.Se non tas contento a tua casa,pro deixa tranquilos a os que si queremos xogar

Anónimo dijo...

ben falado este ultimo anonimo. sinto vergonza pola xente q esta resentida ou ten algun tipo de raiba especial contra a liga nacional de billarda.
no seu tempo libre q se vaian xogar o tute, de caza ou as putas, pero q nos deixen en paz