Os bos rexistros de palanadores participantes nos
abertos de billarda da conferencia NorLeste da LNB, non se viron alterados no
derradeiro finde polas ameazas de intenso frio, polo contrario, o sábado dia 4
en Meira poidemos disfrutar dos raios do
sol e de unha agradable temperatura que nos permitiu a disputa do “III aberto
do Lacón” en terrero aberto. A parte de atrás da praza do convento foi o lugar
donde se montaron as dúas pistas de xogo habituais que permitiron un discurrir axil e vistoso
das carreiras.
Cincoenta e catro participantes desta volta, dos que
doce eran donas, se citaron para a disputa da pata do porco. Foi esta unha
xornada na que os homes se tomaron cumplida venganza da aldraxe sufrida en
Castro de Riberas de Lea e reclamaron para sí a hexemonía no xogo da billarda
copando os postos de honra no podio.
Boa xornada para o Spartak de Muimenta que comandados
por Charli e ca incorporación de novos valores nomeadamente Tino e Miguel dan
un salto de calidade e acadan a súa máxima puntuación nun aberto.
Outra das sorpresas agradables da tempada, os Troitas
Bravas de A Pontenova, seguen na estela dos Remourelle Bulls os que nas tres derradeiras xornadas foron
quen de lles recortar doce puntos na loita polo terceiro posto. Terceiro posto
que abandoan os Batea moi mermados de efectivos nesta xornada.
Pola súa parte os tropa lixeira (“M de Meira”),
seguen turrando cara arriba, conseguiron por equipos a segunda máxima
puntuación e o seu capitan Nacho fixo pleno quedando 2º no desempate final por
trás do intratable Markytos.
Discreta actuación do resto dos equipos,
Ekipa-Bitere, Pau de toxo, Cadaval, Madia leva e Corredoira. Tamen Os Outros
estiveron floxos e abandoan a cabeza da táboa en favor dos trunfadores da
xornada. Os Billardeiros Musicais pasaron como verdadeiro tsunami arrasando no
seu paso toda a serra de Meira e malia os enfrentamentos directos que o sorteo
lles deparou nesta ocasión, non deron trégola os rivais. A volta o equipo de
xente que tiñan de baixa notouse favorablemente no seo xogo. Algúns por
malmeter dixeron que Julio xogaba con dous paláns, mais non é certo, so fixo
uso dun palán, o outro e un caxato no que se apoia por mor do xeonllo mancado.
Como equipo os Billardeiros Musicais bateron rexistro
de puntos nunha xornada (35 de 40 posibles). Markytos e Julio conseguiron
pleno, quedando en primeiro e terceiro lugar respectivamente, o que convirte o
subcampion nacional Markytos no novo lider con tres puntos de vantaxe sobre
Reyes.
Soamente foron superados no apartado de varados, no
que Eric de Os Outros conseguiu facer dous e polos Billardeiros Daniel so fixo
un.
Os premios repartironse desta maneira:
Un queixo San Simón da Costa para o mellor equipo, os
Billardeiros Musicais
Un queixo San Simón da Costa para o 3º, Julio dos
Billardeiros Musicais.
Un queixo San Simón da Costa e xogo de palan-billarda
gravado para o 2º, Nacho de M de Meira.
Un Lacón e monteira de Campión para o 1º, Markytos
dos Billardeiros Musicais.
Deixamos
constancia de que O tsunami dos Billardeiros trasladouse o domingo a Coruña donde Daniel e Franco
quedaron 1º e 2º na 7ª xornada da conferencia Noroeste disputada en
Vilaboa-Culleredo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario