2012/01/16

6ª xornada da LNB NorLeste

     Comenzamos o que poidera chamarse segunda volta na Conferencia NorLeste da LNB. A 6ª xornada xogouse en Castro de Riberas de Lea ca disputa do “II Trofeo Galiña de Mos”. O igual que o ano pasado non foi unha senon dúas as galiñas que se entregaron os vencedores (non sei se os patrocinadores sabían do triunfo das donas porque os premios en troco de galiñas, desta volta foron 2 galos), así como media ducea de ovos para o terceiro clasificado.
O campo de xogo, blando e irregular non impediu que o xogo fora vistoso.
     A participación superou o medio cento de palanadores que se deron cita no antiguo campo de futebol e disfrutaron d’unha tarde na que as mulleres foron protagonistas e acadaron o 1º e 2º posto no aberto.
     Prevendo as dificultades que ó propio xogo engade o terreo de herba, moitos dos palanadores iban pertrechados con distintos artiluxios que fixeran mais doado o acomodo da billarda no chan para facilitar o golpexo da mesma, e así poidemos ver por toda a pista, dende pequenos garabullos ata verdadeiras plataformas de lanzamento (algunha voz comentada a improcedencia desta axuda, pero como nada di o regulamento ó respecto, cada quen fai o que mellor lle cadra). Como se soe decir: Todo farelo! Nin soportes nin gaitas!
Reyes co 1º premio e a monteira de Campiona no aberto da Galiña de Mos
     Chegou Reyes ca súa billarda chalupa ca proa ollando cara o ceo e puxo a cada quén no seu sitio, gañou a tódolos rivais que o sorteo lle deparou e fíxose ca 1ª posición e ca galiña de Mos. Non é casualidade que dende o comezo estea no mais alto da táboa de clasificación e por si alguén tiña dúbida, confirmou con esta victoria que o seu triunfo no Aberto de Flores non foi casualidade senón producto dun xogo moi seguro e regular que fai desta palanadora de “Os Outros” uha seria candidata o título da conferencia NorLeste que lle serviría para completar o de Campiona Nacional que posue na actualidade.
Bea co 2º premio.
     Para completar a xornada outra dona: Bea de “Os Remourelle Bulls” conseguiu o 2º posto. Tampouco lle fixo falla soporte ningún, cun pequeño paucín de toxo algo curvado que usa como billarda (mais semellante a un garabullo polo delgadiño e lixeiro), foi quen de deixar na cuneta a Regueiro na loita polo 2º posto.
Regueiro na élite con 3º premio
     Como queda dito os homes desta volta de 3º para abaixo e sin rechistar. Non críades na igualdade ou? Pois ahí a tedes: igualdade e SUPERIORIDADE das Donas. Eso de que a LNB tamén xoga en Clave de Muller quedou ben clariño desta volta.
     E como non hai dúas sin tres, o día seguinte en Perillo e correspondente a conferencia Noroeste, foi Geny (excampeona nacional, de “Os Outros”) quen redondeou a faena gañandoñe na final a Lois Camiña por un rotundo 2 a 0.
Geni en Perillo ergue os brazos logo de gañar a segunda carreira e o torneo.
     Daquela compañeiros, so resta entrenar e prepararse para tomar cumprida venganza o 4 de febreiro en Meira no III Torneo do Lacón. PALANADOREEESSS!!! ATEMONOLOS MACHOS, QUE NOS PAPAAANNN!!!

No hay comentarios: