A pista do CEIP Vista Alegre quedou pequena e foron moitos os xogadores que acadaron o Varal dun só golpe. 22 Varados en total donde destacaron Charli, Regueiro e mais Eric con tres cada un.
Algunha ausencia e tamen novas incorporacións que se xunguen ao carro billardeiro.
Que esta liga promete e que vai ser sin dúbida a mais competida que ata o momento se ten xogado, da boa mostra a carraxe que amosaron algúns palanadores cando erraron o golpe ou a billarda non percorreo o camiño desexado. Hai moitas gañas de competir e xa dende o principio ninguen agacha as súas intencións de ir a por todas. Agardamos que a competividade dos palanadores non magoe a deportividade que ben presidindo sempre tódolos encontros da LNB. Cada volta son mais e mellores os que loitan polos primeiros postos, magoa que non todos poidan acadar a meta desexada.
Cerrouse a xornada cun triple empate de plenos. Eric de "Os Outros", Martiño de "Remourelle Bulls" e Richar de "Tropa Lixeira" por este orden subiron o caixon de gañadores logo de xogarense entres sí tres carreiras de desempate.
Por equipos "Os Outros" comezan mandando con un punto sobre os Bulls e catro sobre os "Billardeiros Musicais".
No hay comentarios:
Publicar un comentario