Impresionante
esceario, día soleado e acolledor, achega masiva de palanadores e a modélica
organización da asociación Carabullo, ca colaboración de Xotramu e da
Asociacion de Veciños, foron ingredientes dabondo para que os amantes da
billarda disfrutasen dunha auténtica xornada festeira na Ponte de Outeiro
(Muimenta).
Sobre
un terreo de herba, longo abondo para por en dificultades aos especialistas en
varados (que non foron quen de facer ningún), xogouse a 2ª xornada da Liga
Nacional de Billarda. Moitas caras nova e algúns xa veteráns que retomaban o
pulso da competición.
Na disputa dos artísticos trofeos e dos puntos en xogo
para acadar os mellores postos na táboa de clasificación participaron un total de 60 palanadores, dos que un 20%, ou sexa 12 eran donas, que pasaseniño se van achegando a participar.
Feito
o sorteo para os emparellamentos, comenzou o xogo que se alongou mais do
previsto por mor das dificultades do campo. As billardas avanzaban con
dificultade. Cando os golpexos eran rasos, facían que as mais da veces ficaran
chantadas como espetos os pes do desesperado palanador, pola contra si se golpexaban
cara arriba, corríase o risco de mandalas fora polo lateral ó regato que
dicurría ao caron da pista. Foron moitas as que tiveron que ser rescatadas do
rio cun esquieiro, que para tal efecto xa estaba preparado.
Remataron
o aberto con pleno de victorias catro xogadores: Franco e Markytos
(Billardieros Musicais), Javi (Carabullo) e Regueiro (Troitas Bravas) que a
falta xa da luz natural, tiveron que desfacelo empate a catro carreiras casi as
apalpadas, alumeados so polos focos do centro social pero sobre todo polos berros
dalento dos seus compañeiros. Sobresainte actuación do local Javi, que se mantivo
na loita ata o derradeiro golpe. Finalmente Franco quedou fora e o podiu
rematou con Markytos primeiro, Regueiro segundo e Javi terceiro.
Os “Billardeiros
Musicais” foron os grandes trunfadores da xornada (fixeron 37 dos 40 puntos
posibles), o que os leva o primeiro posto na táboa xeral.
Os fantásticos e lucidísimos agasallos que constituiron os premios, foron entregados por Kiko, Pepe Outeiro e Ismael, representantes das asociacións organizadoras e tamén, como no, grandes palanadores.
Non rematou aquí a cousa, pola contra comezou a festa de verdade, pinchos a fartar, excelente churrasco, bo viño e música enxebre cos danzantes amosando as súas mellores artes. De feito mais dun suxeriu facer polo menos un aberto ó mes no mismo lugar. Parabéns a organización. Cun trato así, non teñades dúbida de que xa tedes xente para recuncar, so tedes que decir cando e aló vamos todos.
Non quería rematar esta crónica sin lanzar un chamamento á responsabilidade; penso que estamos a conseguir algo grande, medramos sin trégola e cada intre debemos ser mais respetuosos cas normas (puntualidade, tar pendentes do xogo, medidas do material, cincha de seguridade, etc.etc.) e cos compañeiros. Hai xente que, por exemplo, leva a cincha no palán, pero non a usa. Víronse paláns polo ar e contra o chan que non é o seu sitio natural. Seipamos gañar e cando toque, seipamos tamen perder. Billarda sempre! Adiante co Varal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario