2012/09/10

Voltamos!

     Que tal pasáchedes o verán?  Agardo que bén, xa que comeza a loita. Como dí Juan Pardo nun dos seus temas: "agora ponte serio, que non tou de broma..." e continuo eu, busca unha boa billarda e vamos a xogar.
      O domingo en Remourelle abrimos fogo co abertiño do vermút. Un adestramento conxunto para ir facendo boca e logo como de costume, agárdanos a Taberna de Lola cos seus torrezmos e co año mouro ben doradiño do que daremos boa conta.
     Para os que non gustan do cordeiro, haberá tamen carne asada ou costela. E necesario ir apuntándose para saber con canta xente se conta, así que xa o sabedes, se vos parece, cada xefe ou encargado de equipo que contacte con Marcos ou Lucia para as reservas. 
     Pareceunos xusto comenzar cun recordo para o grande Calvete, ese bravo palanador que sempre estivo e en espiritu sabemos de certo que segue a estar con nos, daquela, este aberto vai adicado a él.
     Podemos aproveitar tamén para pornos dacordo no calendario que xa temos moi adiantado ainda que non pechado e para calquera outro tema que xurda co gallo de facer a competición mais axil e participativa para todos.
     O que si está xa decidido é o comezo da tempada que será unha volta mais en Burela co Aberto do bonito. Será o sábado 22 de setembro.
 

No hay comentarios: