Xa
enxoitos da tremenda molladura ca que fumos bendecidos na pasada disputa do “Año
Mouro” e con tempo dabondo para reflexionar e tirar conclusións sobre o acontecido ao
longo do torneo, dispoñemonos a dar
conta polo miudo do desenrolo do tan afamado Torneo Interparroquial de
billarda 2012.
Unha
vez marcados os tres campos deo en chover, primeiro a modiño de igual xeito que
iban chegando os palanadores a Devesa, logo mais forte. Agardando nos vestuarios vemos asomar unha
bandeira e termando do mástil, Hevia e a sempre benvida sidrina encabezan a
delegación astur: Puxa Asturies…! , e de “tropa de Meira” non hai novas.
Saiu o sol un anaquiño e aproveitamos para
voltar a marcar. Donde están os de Meira?, seica se pasaron e van cara ao Leste.
Marcos co móvil na orella dalles instruccións.
Non
se pode agardar mais e comenzamos a xogar os que estamos no campo, as carreiras
que non se xoguen quedan pendentes para cando cheguen, a
raiola de sol que temos enriba convídanos a comezar xá si queremos ir a comer a
una hora axeitada.
Con
case dúas horas de retraso e logo dun par de “culines de sidra” comeza a loita
polo año mouro (para o vindeiro ano, se non se consigue mouro, pintámolo o cambiamolle de nome o torneo). Cada equipo irá enfrontándose por turno a cada un dos outros cinco en
competición e a suma final dos puntos que cada equipo consiga, dará o gañador
do año.
As
apostas non estaban claras, a primeira vista Ribilleiros e Riboutros partían
como favoritos si ben Meira e Remourelle viñan a por todas, logo faltaba comprobar se o
rendemento no campo de “Compromiso LNB” estaba acorde cos mensaxes que lanzaban
dende tódolos faladoiros. De Astur-Liriu nin chiu se dixo, é sempre una incógnita
que so se despexa no terreo de xogo.
No
ceo da Devesa comezan a voar as billardas en dous dos tres campos dispostos:
Campo
1 Asturias Vs. Compromiso LNB. Encontro mais igualdo do que cabia agardar, soio
na derradeira rolda os asturianos se viñeron abaixo e perderon por 23 a 27
Campo
2 Remourelle agarda pola chegada de Meira e cando finalmente chegan fanlo arrasando
a Remourelle que non dan creto ó empuxe dos tropa e tarda en reaccionar de
xeito que acaban perdendo por 28 a 22.
Campo
3 Ribilleiros Vs. Riboutros. O campo que desperta mais expectación por ver o
enfrontamento entre os dous equipos punteiros do Norleste; quen gañe dará un
gran paso cara o Año. Comezan dominando Riboutros mais so puntualmente e non
tardan en verse superados e fican caendo por 29 a 21.
Faise
outro enfrontamente antes de xantar e
aprovietando que, de momento, a choiva se foi alonxando resultando que Meira
gañou a Asturias por 31 a 19, Ribilleiros fixo o propio con Compromiso LNB por
26 a 24 e Riboutros a Remourelle por 31 a 19.
Os
de Meira verquian euforia ameazando ficar ca hexomonia dos equipos ribadenses, en
Compromiso tamen a autoestima andaba pola nubes ao porlle as cousas difíciles e
ter perdido so por 2 puntos cos Ribilleiros, o resto sin euforias excesivas, só Remourelle semellaba ter perdido o rumbo, acusaron en
demasía a derrota fronte os de Meira. Quedaba toda a tarde para recompoñerse e
voltar a senda da victoria.
Parada
para xantar e reponer forzas; aquí non houbo gañadores nin perdedores, todos en
perfecta armonía demos conta dunha mesa ben disposta e abundante donde non
faltou de beber e logo de escoitar e rir os obrigados contos de Flores
secundado desta volta por Richard, voltamos
a competición mais contentos que un San Luis.
De novo
tivemos que pintalos campos antes de comenzar a xogar por mor da choiva que xa
non nos abandonou perante toda a tarde e iba increscendo sen presa pero sen
pausa. Nin por esas, estábamos como sopas pero o xogo non se detivo. Cada carreira
iba acompañada de escorregadas polo prado e de brincos festeiros. Canto mais
choiva mais festa!
Non
sei se por mor da auga ou calqueira outro bebedizo, o bo facer dos tropa pola
mañan rematou de súpeto. Os Ribilleiros puxéronos no seu sitio gañandolles e os
Riboutros ficaron por darlles una boa malleira. Tiveron que se conformar co 3º
posto na xeral.
Ao
remate os resultados dos enfrontamentos entre os seis equipos foron:
Ribilleiros
(na liga Billardeiros Musicais) gañaron os 5 enfrontamentos.
Riboutros
(na liga Outros), gañaron 4 dos 5 enfrontamentos.
Tropa
de Meira gañaron 3 dos 5 enfrontamentos.
Compromiso
LNB (na liga Ekipa-Biteres + Nacho) gañaron 2 dos 5 enfrontamentos.
Astur-Liriu
gañou 1 dos 5 enfrontamentos.
Remourelle
non gañou ningún dos 5 enfrontamentos.
Nembargantes, ainda que non gañaron ningún partido, si se levaron o queixo que se sorteaba, Lucia foi a agraciada.
Resultado
final do aberto por puntos acadados:
1º
Riboutros con 164 puntos que o acreditan como “dono do año Mouro 2012”
2º
Ribilleiros con 148 puntos.
3º
Tropa de Meira con 134 puntos.
4º
Astur-Liriu con 101 puntos.
5º
Compromiso LNB con 98 puntos.
6º
Remourelle con 95 puntos e que recibe a “Cullere de pau” como derradeiro
clasificado.
Decir
tamen que na clasificación individual o
1º foi Markytos con 44 puntos, seguido de Guille con 41 e de Eric con 36
puntos. O derradeiro posto individual non vou decir quen foi porque como se soe
decir o caso é participar e podo asegurar que ainda que a diferencia en puntos
sea grande, todos non rimos, todos non mollamos e todos xogamos a billarda que
é do que se trata. Forza Estornela! Adiante co Varal!
A año xa está a bo recaudo en espera de poñerlle data para saborealo na taberna de Lola. Deica
No hay comentarios:
Publicar un comentario