Un
“Bull” ceibo arrasou en San Miguel
As
choivas deron un respiro o domingo permitindo que o “III Aberto de Flores” correspondente
a IV xornada da Liga Nacional de Billarda 2012-13, se poidera celebrar o aire
libre en San Miguel.
O
sol, que o comezo da tarde fería nos ollos dos palanadores foi apresa
desaparecendo para deixar paso a unha brisa fría que de súpeto nos lembrou a
todos que o inverno está as portas.
As
poucas horas de luz engadíase desta volta o difícil do terreo de xogo que facía imprevisible o vo da billarda, polo
que para axilizar e dar acabado ca luz natural montáronse tres pistas simultaneas
nas que 53 bravos loitadores pelexamos deportivamente polas cestiñas de
castañas que agardaban os campiós da xornada.
Que a TV é unha fonte de información quedou mais que demostrado onte no campo da festa de San Miguel. A que naide sabía fai anos o que era o "CURLING"? Pois bén hoxe en día estamos cheos de velo na caixa tonta e todos sabemos que se trata de un deporte practicado sobre pistas de xeo. Un home ou muller empurra unha cousa parecida a unha bola de pan con asa e outros homes ou mulleres van diante da bola basoirando no chan para que esbare mais. Onte, Muriego secundado logo por Suso Villarino dos "Remourelle Bulls" importaron para o noso deporte a moda de "basoirar o chan". Ao filósofo dos Bulls non tanto, pero a Suso funcionoulle o invento. Non perdeu carreira, so cedeu dous empates na tarde. Imnovarse ou morrer que decía o outro!
Voltando o aberto, do
mesmo xeito que a xornada pasada nos acompañaron o equipo dos “Corredoira”,
desta volta foron os “Gharabotos” quenes desembarcaron no Norleste con toda a súa artilleria (nove palanadores veteráns algúns deles excompoñentes de Bateas que son os actuais Campións Nacionais) e participapron con nos no aberto con
moito acerto. Conseguiron, xunto cos “Remourelle Bulls” ser o millor equipo da
xornada (os dous con 30 Puntos).
As
xa comentadas dificultades do terreo de xogo puxeron en apuros aos palanadores
que unha e outra vez se vían sorprendidos polos irregulares e inagardados
brincos das billardas. Outros peró, adataronse e aguantaron moi ben o tipo.
Somentes un xogador fixo pleno nesta
difícil xornada: Marcos dos “Remourelle Bulls” acabou con tódolos opoñentes que
o sorteo lle deparou (10 puntos de 10 en xogo) escalando o mais alto do caixón
de vencedores. Un primeiro posto moi loitado e merecido que dende fai tempo viña
teimudamente perseguindo e acadou finalmente en San Miguel.
Con
9 puntos remataron Elena de “Os Outros” e Markytos de “billardeiros Musicais”.
No desempate foi o bicampión nacional quen se fixo co 2º caixón rematando Elena
como 3ª da xornada.
Os
especialistas en varados desta volta non o tiveron doado, malia todo ainda se
conseguiron cinco varados.
Ao
remate da xornada e xa todos cheiños de frio, Manolo Flores como xefe de ceremonias
fixo a entrega de tres cestiños de castañas e dos trofeos correspondentes.
Fúmonos abrigar sin saber a lista dos convocados para a defensa do Copo Cantábrico que se ha de xogar o vindeiro 1º de Decembro en Xixón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario