2012/10/29

Os "Tropa" andiveron lixeiros en A Pontenova

     Chegaron, coma sempre, facéndose rogar, contra o límite da hora fixada, uns a modiño outros non tanto pero todos ca bravura e o convencemento de que a súa hora estaba a piques de chegar. Uns probaron a pista enchoupada pola fia choiva que nos acompañou perante toda a tardiña e outros adicaronse a catar cervexa tranquilamente, diríase que tiñan a certeza de que todo estaba xa decidido antes de comenzar a loita.
 
     Os impoñentes fornos que presiden a praza, foron mudos testigos da xesta destos recios loitadores meiregos. Tropa lixeira, trocou en carro pesado, Richar e Oscar moi ben secundados por David e Jorge arrolaron  nos rivais sin apenas atrancos. 
     Destacadas actuacións de Marcos e Xermán e na súa liña o resto de participantes. As reflexións de Muriego logo da actuación na Ponte de Outeiro, parece facer efecto no Bull que nembargantes se viu privado do pleno ao deixarse levar un punto por Outeiro. En canto a Xermán, decir que paseniño volta a élite, logo dun alonxamento e falta de forma no xogo, sorprendeuno nembargantes Lola que lle levou un punto.
     Boa actuación do equipo Corredoiras, que debutaba este ano na nosa liga  e mentres o barruzo continuaba a caer moi a modiño, íban  axilmente sucedéndose as carreiras ata o seu remate.
     Desempate  para o primeiro posto que rematou ca victoira de Richar sobre Oscar e tamén loita a cinco carreiras para determinar o terceiro posto entre Xermán, Guille, Reyes, Marcos, David e Regueiro. Foi este derradeiro o que ficou no podio.
 
     En donas a primeira clasificada foi Reyes seguida de Geni e de Lola e como xa dixemos Tropa Lixeira foron os gañadores por equipos con 36 puntos sobre 40 posibles.
     Xa están actualizadas as clasificacións, si vedes que hai algún erro, notificadeo para comprobalo e correxilo no seu caso.
      Decir que na Pontenova houbo cinco palanadores que xogaron unha carreira mais que os outros, esto débese a que o número total era impar. O regulamento en vigor, di:
"Si o número de palanadores é impar, no primeiro grupo haberá un xogador mais, que terá que enfrontarse con xogadores que xa disputaron todalas súas carreiras, neste caso só puntuará él nas carreiras que gañe ou empate, os xogadores que repitan, non poderán puntuar en ningún caso. Os xogadores que repitan serán os que lle corresponda seguindo a orde natural de enfrontamentos".  
Algúns sorpréndéronse de ter que xogar unha carreira mais cando pensaron que tiñan acabado a súa participación, foi debido a a esto, que seguramente tiñamos que comunicar o principio do xogo dado que moita xente non ten lido o regulamento actual e non sabía cantos xogadores eramos.
 

No hay comentarios: