2013/01/15

Ollo! Xerman esta de volta!


Xerman soupo nadar e gañar a “Galiña de Mos”

Un dia xélido e chovendo a rego cheo recibiu no campo da feira do gando de Castro de Riberas do Lea á serpe multicolor da LNB para a disputa do III Aberto de Billarda da Galiña de Mos” correspondente a 6ª xornada da LNB da Conferencia NorLeste.
Foron 46 valentes aloitadores os que se anotaron neste aberto desafiando as condicións adversas. Nin a friaxe que nos roia os osos nin a manta de auga que nos caeu por riba foron quen de parar o empuxe dos palanadores/as do NorLeste e o aberto chegou ata o final malia as pozas que se formaban no chan e facian aboiar as billardas.
Comenzada a competición, viuse que non se presentou María e daquela ao ser múmero impar, houbo que recurrir a que cinco xogadores tivesen que facer unha carreira de mas, que como xa se sabe cando esto ocurre, non puntuan nesa carreira. 
Como pasa sempre as carreiras foron loitadas de poder a poder e saltou alguna que outra sorpresa nos enfrontamentos, o que fai a competición mais interesante e animada.
Desta volta foron tres os palanadores que remataron  con pleno de victorias.
Coedo de Billardeiros Musicais, Oscar de Tropa lixeira e Xermán de Ekipa Bítere, tiveron que nadar contra corrente para chegar ao galiñeiro e levar para o seu curral a galiña de Mos.
           Xermán, outrora asiduo inquilino dos podios (vido a menos, disque por mor da súa maior implicación noutros menesteres mais sonoros), deu o primeiro golpe collendo confianza e aguantando logo o ocoso de un Coedo en racha que lle iba ao lombo e de un Oscar  que nas dúas primeiras carreiras desta final baixou un pouco o nivel e ainda que se refixo na terceira, non foi dabondo. Algo tivo que ver si dúbida o lusco-fusco no que se disputou o envite, pero os tres estaban en igualdade de condicións e quen tirou mais porveito foi o incombustible XERMAN VILUBA que subio de novo o olimpo dos elexidos lanzando un desafiante berro: “ Tremade, que estou de volta…!
 
“Os Outros” perden o liderato en favor de Billardeiros Musicais” (gañadores por equipos nesta xornada), ainda que na vindeira xornada xa contarán con Elena e Guille para tentar retomala coroa.  As baixas de Suso e Bea nos ,Bulls engadiuse tamén Muriego polo que bastante fixeron aguantando o tipo mentres os Tropa lixeira síntense comodos no 3º posto e van puxando forte cara arriba.
Cabe subliñar a excelente tempada que veñen facendo tanto Oscar de Tropa Lixeira como Charly de Carabullo. O primeiro subiu por dúas veces o podio (un 2º e un 3º posto) e Charly estivo a piques pero a súa regularidade manteno como líder. Tamén Markytos ven remontando forte malia que se perdeu a primeira xornada.
En donas as ausencias de Elena e Bea asi como a irregularidade de Reyes axudan a que Geni teña menos competencia e domine claramente.
Algunha das fotos non corresponden a xornada por mor de que o cámara non levaba roupa d'augas.
            A vindeira xornada xogarase en Meira con toda seguridade o sábado 2 de febreiro, aló agardamos por todos vos.

No hay comentarios: