2013/02/04

E con él chegou o varado!


A praza do convento de Meira constitue un maravilloso esceario natural que  a LNB adoita utilizar para a práctica da billarda, nembargantes o vento e a choiva escorrentaron os palanadores da LNB cara o pavillón deportivo donde se desenrrolou o "IV aberto do lacón" correspondente a 7ª xornada da Conferencia NorLeste.
Era visto! ...
As billardas voaron cara o varal. Os especialistas tivérono doado e mesmo os non tan habilidosos nestos menesteres, aproveitaron o escorregar das billadas na pista rápida para asomarse e deixar  pegada na taboa de “varadistas”. En poucas ocasións o varal se viu tan acribillado. As naves de buxo fungaban por tódolos lados, por dentro, por fora, por riba, por baixo….
 Un espectáculo que soio se pode ollar nos enfrontamentos da LNB e no que sin dúbida brilou por riba de todos o gran Charli, palanador do equipo “Carabullo” de Muimenta que finalmente gañou o seu primeiro aberto en liga e agarra con forza o primeiro posto da táboa,  distanciase dos rivais tanto en individual como en varados.
Na procura da desexada pata do porco, achegáronse a Meira mais de medio cento de palanadores para se enfrontar deportivamente, cada   quen amosando as súas mellores habilidades no dominio do palán.
A rapidez da pista de xogo era que nin pintada para as sorpresas, que como en todolos abertos habelas ainas, ainda que cada quen foi capeando o temporal como mellor puido pero Charli desta volta non tivo compaison dos seus rivais, fixo pleno, con tres varados incluidos, nas cinco carreiras. Vini, vidi, vinci, que dixo alguén fai moito tempo.
Cabe subliñar a tan agardada volta de Suso Villarino as pistas de xogo logo de se ter recuperado da súa doencia. E fixoo ao modo dos campións, pola porta grande, conseguindo dous varados na xornada. A reincorporación dun dos máximos referentes da LNB é unha excelente nova da que nos alegramos todos. Benvido de novo Suso! 


        Tamen compre darlle os parabéns a unha futura gran palanadora como Zaira, ainda que non fixo moitos puntos, meteulle o medo no corpo a mais de un cos seus tiros lonxanos. Estamos certos dos seus futuros exitos. Adiante ca billarda.
        Unha das sorpresas da xornada, que ven mirado nono foi tanto pola ascendente traxectoria desta excelente palanadora actual campiona nacional, foi Lu do equipo Corredoiras, que chegada dende Bueu, xunguiuse o carro da victoria e tamén  rematou a súa andaina con pleno de victorias.
Para o terceiro posto, seis foron os aspirantes, todos eles con oito puntos sobre dez posibles: Franco, Nacho, Luis González, Cortón, Oscar e Noé. Foi o palanador de “Troitas Bravas” de A Pontenova Noé o que mellor respondeu no desempate e se fixo co terceiro caixon do podio.
A loita polo primeiro posto foi como un lóstrego visto e non visto. Lu non puido rómpe-la racha de Charli. Un varado na primeira carreira e como non, outro varado na segunda deron co lacón nas mans de Carli. Lu quedou nun moi bo e merecido segundo posto.
 “Os Outros” seguen perdendo gas, baixan un posto mais en favor dos meiregos “Tropa Lixeira” que ahora son segundos tralos “Billardeiros Musicais”.
Os gañadores por equipos nesta xornada, foron os tamén meiregos “Extensión Billarda” con un punto mais que os Bulls de Remourelle. Non sei si o factor campo tivo algo que ver no seu rendimento ou non, o caso e que os de Meira unha vez mais deron a talla.
A vindeira xornada que fai o nº 8 sera o 23 de febreiro en Mondoñedo. O "IV Aberto da Tarta" agardamos que así como o tempo vai mellorando, a participación siga subindo. Billarda sempre! Adiante co Varal! 
 
 
 

No hay comentarios: