En equipos, os Billardeiros
Musicais, ainda que non definitivamente, si parecen os donos do primeiro posto.
Para a segunda plaza Os Outros levan ventaxe pero tanto Tropa Lixeira como os
Remourelle Bulls manteñen unha feroz loita por alcanzalos e como se soe decir
ainda está o capador enriba da cocha. Moi de perto seguen os de Extensión Billarda que veñen a pasos asigantados comendo terreo ainda que penso que reacionaron un pouco tarde.
A liga nembargantes está ao roxo vivo e
cadaquen vai tirar das deradeiras posibilidades para xunguirse ao carro das
finais.
Na cidade das Murallas, o
frio e a choiva fixeron que os anfitrións Madia Leva, tiveran que cambiar o céntrico
campo de herba artificial da Piringalla polo pavillón do IES Anxel Fole, mais non foron quen de quitar vistosidade a
unha nova e muntitudinaria xornada billardeira. Dúas pistas de xogo a pleno
rendimento e as billardas fungando no aire cara o varal con un alto porcentaxe
de varados. Contabizaronse catorce en total destacando Martiño con 3 e Eric e Luis Camiña con 2.
Entre os cincuenta e catro palanadores que se deron cita, os cadidatos a facer pleno
íbanse reducindo a medida que se iban sucedendo as carreiras chegando ao final
con Eric de “Os Outros” como único invicto na xornada e por tanto campión do
aberto. Para o resto do poido quedaron tres candidatos: Adrían de “Extensión
Billarda”, Franco de “Billardeiros Musicais” e Martiño de “Remourelle Bulls”
todos eles con 9 puntos. Foi o italo-galego musical quen mais afinou no
desempate e se fixo ca segunda plaza, a terceira para Martiño e Adrian quedou
fora.
Os gañadores recibiron de Madia Leva agasallos de sendas bolsas de libros e camisetas tendo ademáis Eric como
Campión unha botella de Ron, que agardamos que como ainda é menor de idade, non
se lle ocurra beber.
A seguinte xornada será en Bretoña. Xa informaremos cando teñamos mais datos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario