2013/03/06

ALLSTARS 2013


Logo do exitoso aberto da tarta de Mondoñedo e facendo camiño cara a capital donde se celebrará o vindeiro 16 de marzo ó “VI Aberto cidade de Lugo”,  a LNB fixo unha parada, non para tomar folgos, que nos sobran, senón para dar continuidade ao ALL STARS.
Premios para os gañadores
 
Unha competición-exhibición que tódolos anos vimos facendo en escearios itinerantes e que no 2013 recalou en Muimenta donde a asociación Carabullo se encargou de xestionar de forma maxistral coma sempre. 
TRIPLAS, MATES E ABERTO DAS ESTRELAS, fixeron a ledicia de tódolos palanadores e xiareiros que se achegraon ata o pavillón deportivo Javier López Anllo de Muimenta.
O comezo estaba fixado para  as12,00 h. dar a saída co concurso de triplas, pero como nos, da puntualidade inglesa nin mentala, comezamos cando se puido e dando ainda posibilidades aos mais rezagados para que poideran participar cando chegaran. Así pois arrincou o ALL STARS 2013.
A primeira proba da xornada foi o lanzamento de triplas: 25 billardas  ao redor da liña de área agrupadas de cinco en cinco,e un minuto de tempo para facer as mais dianas posibles no varal. Proba de rapidez e puntería que dominou Daniel, de Billardeiros Musicais. Para o segundo e terceiro posto tiveron que facer rolda de desempate Miguel Moran de Carabulo e Javi de Remourelle Bulls (a nova fichaxe que comeza forte a súa andaina). Ó novato pesoulle a responsabilidade e non puido completar un bó recorrido, maila todo o terceiro posto é todo un logro.

-       Vaia ohh!  Xa son as dúas e vinte!

-       Carapio, que tarde se fíxo!

-       Daquela imos comer! Dixamos os mates para a tarde.

            E valaí que saímos a fume de carozo para nos axeitar ao redor da mesa. Non houbo que agardar por ninguén.e seguimos puntualmente o dito aquel de “o pan que sobre a carne que abonde o viño que non falte e alegría que abaste”
            Logo de ben comidos e ben bebidos, retomamo la competición co concuros de Mates.
Aquí os palanadores/as amosaron inxenio  e moita habilidade no dominio do palán e das billardas. Foron moitas e variadas as figuras e atrevemenos dos xogadores. O xurado deo estos postos: 1º Markytos (“Billardeiros Musicais”) co mate “dous por un”. 2º Miguel-Diego (“O Cadaval”) co mate “pé, peito e dentro” e 3º Daniel-Geni (“Billardeiros Musicais”-”Os Outros”) co mate “zúrralle ao poste”.
Coño! Teño que pensar un mate para o ano.
A continuación disputouse o aberto das Estrelas. Cada palanador disputou cinco carreiras para acadar ó máximo de puntos posibles.
...ainda me queda o aberto
         So un pleno: Coedo de “Billardeiros Musicais” doblegou a tódolos rivais e fíxose ca cachucha do porco. No segundo e terceiro posto quedaron Xosé de “Tropa Lixeira” e Alberte de “Cochiqueiros” logo dun desempate con Xermán, Tonecho e Oscar que quedaron fora do podio.
 
       Os Billardeiros Musicais de Ribadeo fíxeronse cos primeiros postos en tódalas categorias. Noraboa pois, a eles, a organización e a toda a tribu billardeira que mais unha vez deu mostrou que cando se quere, pódese. 
       Tódolos premiados no ALLSTARS 2013, recibiron os premios correspondentes, a cachucha,  os uños e os rabos de porco xunto cunhas artísticas e exclusivas bandexas de diseño. Billarda sempre, adiante co Varal.
 

No hay comentarios: