As rúas molladas acolleron como mudos testigos o amencer en Ribadeo. Un día grande para a billarda nos quedaba por diante e moito mellor que o mercurio dos termómetros non subira en demasia.: A nova edicción do torneo Interparroquial estaba para comenzar sin ter ainda a certeza de cantos e cales serían os equipos que loitarían polo "Año Mouro".
As 11:30 h. estaba previsto que as billardas bruaran na procura do varal para facerse co año mouro en disputa. Algo a ter en conta en vindeiras ediccións: axustar os usos horarios de tódalas parroquias. Seica alguhnas andan con algo de atraso e de aí que non se poidan cumprir os horarios establecidos. Tentaremos mellorar... e mentres agardar sentados e sin perder a concentración, como fixo Coedo.
Veña, veña! Que temos que comezar!, parece decir Xermán empurrando os palanadores rezagados. E deste xeito demos o pistoletazo de saída no campo de futbol da
via, en Ribadeo.
Imprevistos de ultima hora fixeron que os seis equipos
anotados quedaran reducidos tan só a catro, ainda que isto non mermou nin
chisco a intensidade da competición.
O esbaradizo dun campo humedecido pola néboa, puxo en
dificultades a mais dun palanador, mais pouco a pouco cada quen foi quentando
motores o mesmo que fixo o día.
Os Billardeiros Musicais por Ribadeo, os Bulls por
Remourelle, o equipo compromiso LNB por Vilaselán e mais un equipo de Bretoña,
foron os que se xogaron o año.
Neste torneo referencial do verán, vironse xa os
primeiros movementos de xogadores con vistas a vindeira tempada regular,
movementos entre equipos:
Geni que volta as filas dos Billardeiros Musicais acompañada
temén por Reyes e coa boa nova do retorno de Julio, ainda recuperandose pero cas mesmas gañas de sempre se competir.
O retorno de xogadores míticos como o caso de Milio nos Bulls,
que malia a súa prolongada ausencia deo mostras dabondo de que sigue en moi boa
forma e que pode ser a gran fichaxe da tempada.
Tamén a Ekipa-Bítere
(compromiso Vilaselán) que tempada tras tempada busca asentarse como equipo
sólido, tivo as incorporación de Meli, Luis, e o dominicano, xa ribadense,
Michael Matos.
Agardamos, que estas novas fichaxes non sexan flor dun día, unha
arroutada mais, e que se consoliden no tempo.
Ós de Bretoña, que compareceron moi mermados de efectivos, votoulles unha man Toño(único representante dos Xiber e polo tanto sin posibilidade de competir como equipo).
Comenzado o
encontro, nas dúas primeiras roldas de enfrontamentos dominaban os Bulls e todo pintaba ben para eles ainda que Muriego non o tiña tan craro e miraba as alturas parez que buscando algun tipo de axuda extra. Todo se iba reducir a unha loita entre os de Remourelle e os musicais de
Ribadeo? Un anaco de ledicia que trocou xa na terceira rolda cando os da vila tomaron a
dianteira para xa non deixarse pillar por ninguén.
E deste xeito a medida que iba desaparecendo a néboa da maña e a temperatura escalaba posición no termómetro, tamén os Musicais iban aumentando a vantaxe sobre os seus rivais, malia o empeño que puxeron estos para os desbancar.
En Santa Cruz agardaba un merecido xantar de irmandade e para repoñer forzar, fixemos a nosa “xira” particular a base de paella e churrasco. Non faltaron uns “culines de sidra” para lembrarnos dos nosos irmán asturianos que a última hora tiveron que desistir de non acompañar.
De volta a competición, entre carreira e carreira
funcionou a todo trapo o fotokol billardeiro da LNB, sempre baixo a miradada
expectante do año que deixaba de pacer para nos ollar fixamente. De seguro que
pensaba algo parecido: “están tolos istos da LNB”
Rodrigo fixo de
escanciador titular e non deixou que naide pasase sede nesta estupenda xornada
billardeira, mentres algúns xa se arrebolaban buscando un merecido descanso de tanta voráxine de golpes e carreiras. Pola súa parte, Muriego e Milio tiraban dos Bulls tratando de
achegarse os musicais, desta volta non tiveron a axuda dos compañeirose, que por raro que pareza non se atoparon tan a gusto na herba como cabería esperar deles.
E Vilaselán deixaba todo nas mans das novas incorporacións, fiando na sua estrela caribeña que enchía os soños de groria do incombustible Xermán, non con abonda fortuna, todo hai que dicir, pero todo
o peixe estaba vendido. A diferencia mancárona sempre os de Ribadeo que non
botaron en falta o liderazgo de Markytos e cas incorporacións das dúas
campionas nacionais non deron trégola e gañaron sobradamente o "Año Mouro 2013".
A culler de pau, foi para o equipo de Bretoña, que malia
a ser pouquiños, deron sempre a cara e abofé que sairon moi reforzados do
envite: “Nunca tanto entrenei na miña vida” se oiu que comentaba alguén do
equipo.
O premio especial de un lote de productos de “El viejo
Pescador”, foi para o MVP do torneo con
26 puntos sobre 27 posibles, o tamen Billardeiro Musical, Daniel “Asterix”.
O año está xa a bo recaudo e agarda para presidir como bo
anfitrión o tradicional xantar do comezo dunha nova tempada. Billarda
sempre! Adiante co Varal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario