2013/09/12

Xantar do "Año Mouro"

      O vindeiro domingo día 15 de setembro, agárdanos o xa tradicional xantar do "año mouro" que da o pistoletazo de saída para a nova tempada da LNB da conferencia Norleste.
       Iste ano xa nos adiantaron. Nas Rias Baixas terán dúas xornadas disputadas cando nos fagamos o debut en Burela (ó 28 de Setembro), e no Centro xa comenzaron tamén.
       Na Taberna de Lola, como sempre faremos una pequeña xuntanza pre-xantar para ultimar o calendario que xa está establecido e a espera de confirmación definitiva e para darlle una volta o regulamento por si houbera algo que modificar ou engadir logo da experiencia dos pasados anos así como tamén a inscripción dos equipos que van a competir na liga regular. Seguidamente na pista de Remourelle levarase a cabo o "II Memorial Calvete" con un aberto de billarda para lembrar  a un dos pilares míticos da LNB.
       Quen queira ir o xantar, que avise o mais tarde maña venres, e para o aberto estades todos convidados, grandes e pequenos. Haberá material disponible por si fixera falta. Non faltedes.

No hay comentarios: