2013/10/29

3ª xornada da LNB NorLeste 2013.2014


 
E van dúas de tres, Charli outra vez!
 
           Un novo record de participación na praza dos fornos de A Pontenova.  Semella que moita xente precisaba unha navalla para córtalo queixo e foi na súa procura.
             A serpe multicolor da LNB exténdese por tódolos recunchos sin trégola engaiolando a todo aquel que se achega as pistas de xogo, e quen proba una volta xa queda enganchado. Así se entende que en cada xornada sexamos mais os palanadores/as en loita. Nesta ocasión un total de 66 participantes dos que 18 foron mulleres (un 27 %), loitaron deportivamente polas afamadas navallas do artesan J. Rodil que con a boa organización dos compañeiros de A Pontenova e o patrocinio de Fisioterapia e deporte “Son Saude” se puxeron en liza como premio para os gañadores do “III Aberto deo Ferro”
            A dificultade para gañar as carreiras pon de manifesto que cada xornada as forzas están mais igualadas, una boa ou mala tarde pode suponer subir ou baixar unha chea de postos na clasificación xeral que se vai apertando.  
              Richar sigue ao mando, pero xa sente na caluga o alento de Charlie que non se conformou con gañar na casa e quixo confirmarse de visitante como firme candidato a revalidar título de Campión da Conferencia. Ainda estamos no primeiro tercio da tempada e entre o primeiro e o posto vinte, a diferencia e so de oito puntos polo que ainda está o capador enriba da cocha afiando o coitelo. Queda moita la por rapar, ainda que os puntos acadados xa están no peto.
               En donas , as veteranas Geni e Reyes marcan diferencias, pero que non se descuiden xa que Maricarmen e outras como Irea, Lola Eiras, Sofia, etc. veñen increscendo, sin prisa pero sin pausa, ca particularidade de que aquelas están a dar o máximo e estas ainda teñen moito marxen de mellora e gañas non lles faltan.
            Xa feito o sorteo e antes do comezo das carreiras, fíxose un recordatorio de cales son as medidas regulamentarias do palán e da billarda e as consecuencias de non repectar as normas. Cabe subliñar como boa nova que os equipos van acostumándose a adiantar  a lista de participante e polo tanto pódese facer o sorteo mais rápidamente e comezar a xogar con bastante puntualidade o que é bo para todos e mais agora que o cambio horario vai poñer a proba o noso poder de organización e compromiso.
            Ainda que non  sigamos a medrar moito mais, semella que dúas pistas de xogo non son dabondo e haberá que ir pensando en montar outra mais para poder rematar as xornadas.  Ainda nos falta estar mais atentos o xogo para non ter que andar chamando por un lado e outro os xogadores, todo se andará, paseniño o vamos conseguindo.
            Desta volta tivemos como compañeiro un vento racheado que por voltas suavizaba os ferintes raios do sol e outras nembargantes empurraba as billardas lonxe do obxetivo buscado, as mais lixeiras semellaban anduriñas voando polo ar e ficaban donde a elas lles petaba, para disgusto do xogador que agardaba un  mais acertado voo.   
Con so una carreira por disputar,  atopábanse sete palanadores con posibilidades de facer un pleno, tensión máxima nas carreiras, chegaba un momento crucial, cara para uns e cruz  para outros. As meigas algo argallaron para que malia o empeño que todos eles puxeron, so catro conseguiron o obxetivo de xogar una final. Primeiro caeu Artai (o único capaz de conseguir un varado en toda a tarde) a mans de Martiño, o bicampión nacional Markytos non tivo o momento e foi Regueiro (tamén loitando polo pleno)  quen o deixou as portas da final e a tamen bicampiona nacional Reyes acompañounos na caída a mans de un Mario que destapou o tarro das esencias nesta carreira.
O desempate polos tres postos do podio estaba servido, entre Juan (Billardeiros Musicais) Charly (Carabullo de Teixo) e Regueiro (Troitas Bravas), colouse una dona, Geni (Billardeiros Musicais), pero a sua presencia nesta loita foi puramente testimonial, non tivo nada que facer diante semellante trio de ases e quedou fora.
             Regueiro errou na primeira carreira e non puido remontar, ficou terceiro, Juan si remontou o erro de saida e forzou un novo desempate do que xa definitivamente saiu derrotado por Charly e foi o de Muimenta quen se coronou “navalleiro” en a A Pontenova subindo o caixón mais alto por segundo aberto consecutivo.
Cos parabéns de tódolos presentes,os gañadores foron agasallados cos premios correspondentes: figuriña de cerámica dun forno para Juan e Regueiro e  para o Campión ademáis dunha espiga de millo corvo a tan desexada "navalla" e o título de Navalleiro da A Pontenova 2013.
Geni non puido cos homes pero si que tiña xa gañado o primeiro posto entre as donas e como tal tamén foi "navalleira", segunda foi Lola e terceira Reyes con igual número de puntos que recibiron tamén a figuriña de un forno en cerámica.
Por equipos, desta volta os Billardeiros Musicais non se deixaron sorprender e foron os gañadores da xornada recibindo tamén a navalla dos campións. Semella que teñan prisa pois siguen a todo correr poñendo  terra por medio cos seus perseguidores.

No hay comentarios: